No vídeo pódese ver homes de raza negra, dos que formaron parte do exército libio contra os rebeldes, metidos nunha gaiola de monos nun zoo deste país. As imaxes falan por si soas, pero non as veredes nos informativos occidentais.
Como tampouco veredes a información da morte en prisión da xornalista libia Hala Misrati, que se caracterizaba pola vehemencia da defensa de Gadafi no programa de televisión que dirxía e presentaba. Unha información que contrasta coa que se deu hai poucos días doutra xornalista morta en Siria.
Son exemplos da nova democracia Libia e da liberdade de información da que gozamos.

0 Comentarios:
Enviar um comentário