707.568.901.000.000 $. Este é o importe total de derivados financeiros que había rulando polo mundo adiante á altura de xuño deste ano. Tendo en conta que en decembro de 2010, era de 601 billóns de dólares, xa podedes botar contas do crecemento exponencial destas armas de destrución masiva da economía mundial, que hai agora mesmo.
Dá igual que a FED e o BCE inxecten cantidades indecentes de cartos no sistema financeiro, sempre queren máis, e cada mes que pasa todo será pouco para saciar a voracidade dos mercados.
Ningún globo se pode inchar indefinidamente, sempre acaba estourando. A burbulla dos derivados financeiros é igual, acabará rebentando, e cando o faga pobre de quen.
Jacque Fresco explica qué es una Economía basada en recursos
-
*
El hecho de vivir en un Sistema anti-solidario, donde a cada uno de
nosotros se nos obliga mediante "mecanismos de mercado" a vender nuestra
mano de ob...
Há 7 minutos




