Que ETA deixe definitivamente as armas e a violencia, é sen dúbida unha boa noticia. Mais que esta noticia saia hoxe precisamente, logo de que tamén se nos anuncie a morte de Gadafi, déixame un pouco desconcertado.
Resulta paradóxico, que un estado de dereito, como di ser o Estado Español, apoie activamente á agresión ao pobo libio ou afgano por unha banda, e pregue pola outra polo cese definitivo da violencia de ETA. Pero máis paradóxico é ver como os demócratas de toda a vida, claman contra a Conferencia de Paz que se celebra estes días en Euskal Herría.
Con cousas como esta, moito me temo que non serán quen de asumir o que democraticamente decida ser este pobo, ou calquera outro pobo soberano.
A cousa pinta mal, sobre todo tendo precedentes como o de Irak, Afganistán, Libia, Venezuela, Chile, ... e tantos outros que foron agredidos polo Imperio dun ou doutro xeito.