
Non. Non podemos ficar calados e na casa perante una reforma da Constitución que non só liquidará o estado do benestar, senón a autonomía, a soberanía do pobo galego, que debe ser quen de decidir por si só a súa política económica.
Mentres que PSOE e PP camiñan da man dos mercados que nos levan todos ao abismo, o pobo galego ten que camiñar da man de forzas políticas como o BNG, ou sindicais como a CIG ou FRUGA, así como outros colectivos sociais, que non se resignan ao destino que nos teñen marcados os poderosos.
Si que máis manda é o pobo, o sábado 17 de setembro, ás 6 da tarde, na Praza da Quintana, os galegos e galegas temos unha oportunidade para demostrar firme e contundentemente que nós, os galegos, non queremos esta reforma da Constitución.
Non te resignes, mobilízate!