Reflexións galegas e en galego

19/05/11

As propostas de Democracia Real Xa!

Déixovos a continuación as propostas do movemento Democracia Real Xa!. É o que vén defendendo o BNG toda a vida, mais non me estraña que sexa Madrid onde máis forza ten este movemento, alí non teñen alternativa, en Galiza a alternativa é o BNG!

08/05/11

Lores pode con todos...

Curiosa foto do alcalde de Pontevedra e candidato á reelección Miguel Anxo Fernández Lores, que pode con todos, con Telmo e tamén co a anguía esta de Ponte Sampaio que semella un alien.
GUS_0272

05/05/11

Este mundo está tolo

Para asasinar presuntamente a Ben Laden cometéronse non só un, o asasinato en si, senón varios delitos gravísimos confesados ademais polo Imperio. Torturas para atopar o paradeiro de Ben Laden; invasión dun país soberano; asasinato, con premeditación, nocturnidade e aleivosía, dunha persoa que non tiña con que defenderse; ocultación de probas e obstrución á xustiza, xa que tiraron o cadáver de Ben Laden ao mar (disque!).

E todo isto, sen que se oia unha mínima discrepancia, lévao a cabo un presidente, Barack Obama, que ten un Premio Nóbel ... da Paz -aí é nada!-.

Agora imaxinade que isto mesmo o fixera, por exemplo, Hugo Chávez; se fora así, agora mesmo Venezuela estaría invadida!

02/05/11

Ben Landen, o home que morre dúas veces

É posíbel morrer dúas veces? Polo que se ve si. Osama Ben Laden ten esa facultade. Anúnciase en todos os medios dixitais a morte do terrorista máis buscado, o culpábel do 11-S, -disque!-.

Os americanos tíñano localizado nunha aldea de Pakistán e morreu a tiros cando o ían coller para xulgalo. Os mortos non falan!

O máis curioso é que xa levaba varios anos morto, segundo palabras (6:13) de Benazir Bhuto, ex-presidenta de Pakistán, que morreu tamén asasinada.

Ben!, agora xa non hai escusa para que EEUU e os seus aliado, entre os que se atopa o Estado Español manteñan as súas tropas en Afganistán, xa que o obxectivo da invasión dese país era capturar a Osaba Ben Laden vivo ou morto, tal e como dixo Bush no seu día.

Aínda que a rede terrorista Al Qaeda ten máis de ficticio que de real, a lóxica indica que haberá un reacción en forma de atentados, dos que esta rede será a culpábel. A verdade é que todo é bastante previsíbel.

Actualiación (9:40):
Algo cheira a podre ou a morto. A foto que difundía El País, e que xa retirou da portada, na que aparecía o cadáver de Ben Laden é falsa, é unha montaxe feita a partires doutra foto, que xa se utilizaba en determinados blogs en novembro de 2010.