Reflexións galegas e en galego

15/04/11

Beneficios para eles despido para nós

O anuncio do ERE que planifica Telefónica, que afectaría a 6.000 traballadores, coincidindo co reparto dos Bonus entre os seus directivos -200.000 € por barba-, non deixa ser unha obscenidade, máis aínda se temos en conta que esta empresa -antes pública- de 10.000 millóns de euros no ano 2010.

Estes son os amos do mundo, os que se reúnen con Zapatero, os que planifican o noso futuro, que será bastante sombrío, mentres eles planifican os seus retiros dourados a costa do noso benestar. Unha indecencia.

Pero o máis grave é que incapacidade do pobo de reaxir, aceptando con resignación o vergoñento destino que nos teñen planificado estes desaprensivos.

Escribindo isto vénme á mente a imaxe cinematográfica dalgunha película ambientada na idade media. Nesta mentres o señor feudal ten ante si unha mesa chea de todo tipo de comida, o pobo morre de fame. Esta imaxe faríanos remexer nas nosas butacas. Mais isto, que máis o menos mesmo?

13/04/11

Foi a Páscoa enxoita

Foi a Páscoa enxoita,
chovéu en San Xoán;
a Galicia a fame
logo chegará.
Con malenconía
miran para o mar
os que noutras terras
tén que buscar pan.

de Follas Novas (As viuvas dos vivos e as viuvas dos mortos)

Semella que na nosa Galiza, a Páscoa é enxoita toda a vida.

06/04/11

Portugal cae nas mans do FMI e a UE

Como fichas de dominó, o "selecto" clube dos PIGS están a caer. Primeiro Grecia, logo Irlanda, a agora tócalle a Portugal pasar pola pedra do FMI. O noso veciño tiña outras alternativas que supoño estudarían, non o sei, como Brasil ou sairse mesmo do Euro para recuperar o control da súa moeda, que agora está en mans alemanas, -quero dicir, do Banco Central Europeo-.

A cousa pinta mal, os dous que restan do clube dos PIGS é España e Italia. Pasarán seis meses, un ano, pero na miña opinión, o país que ten un 20,5% de paro ten todos os boletos para ser o seguinte. Xa sabedes a que Estado me refiro!!, pois iso, irse preparando, que veñen curvas.

As consecuencias das políticas xenófoba contra o galego

A violencia política que se utiliza contra o noso idioma non é nada novo, xa se ten falado e escrito moito, mesmo con manifestacións multitudinarias na rúa. Mais coido que onte deuse un salto cualitativo perigoso cando un alumno de FORGA agrediu a outro compañeiro porque este utilizaba o galego na aula.

Estas son as consecuencias das políticas xenófobas do Partido Popular e de Galicia Bilingüe, que un día si e outro tamén están a perpetrar contra o noso idioma. Agora, usar o noso idioma, xa non é que estea mal visto -para algúns, claro, senón é mesmo perigoso para integridade física dos galegos e galegas.

05/04/11

Así funciona a Unión Europea

Un claro exemplo de como funciona a Unión Europea e das consecuencias desastrosas para o pobo galego, pero tamén para os recursos naturais.

02/04/11

A CIA e o tráfico de drogas


Zapatero non será candidato, vale, e que?

Zapatero anunciou hoxe que el non será o candidato do PSOE en 2012. Para min a noticia é absolutamente irrelevante, porque no fondo dá igual quen sexa o cabeza de cartel, cando as políticas que fai o partido están avaladas por todos os deputados e deputadas do PSOE no Congreso.

A reforma laboral, ás axudas aos bancos, a privatizacións das caixas, a privatización de AENA e as lotarías dos estado, a reforma das pensións, etc, todas estas contrarreformas prexudiciais para todos e todas, non se aprobaron co único voto de Zapatero, foron votadas por todos e cada un dos deputados e deputadas do PSOE, e en algún caso con entusiasmo.

O problema é que a partires de agora estaremos entretidos con quen será o sucesor ou sucesora, mentres o estado español alcanza cifras record de paro dentro da Unión Europea.

01/04/11

Eufemismos nucleares

As noticias sobre a situación da central nuclear de Fukushima sucédense contraditoriamente. Un día os medios din que a radiación supera 10.000.000 millóns de veces as cifras normais e tolerábeis, para, ao día seguinte, rebaixala a 100.000, como se iso fora un dato mellor para saúde dos nipóns e dos veciños asiáticos.

Os medios foxe das comparacións con Chernobyl, non queren baixo ningún concepto que ese accidente terríbel na ex Unión Soviética se poida equiparar a este. Onde vai parar! Xapón é un país capitalista, occidental, malia estar en oriente, e en occidente estas cousas non ocorren. O malo é que si ocorren, e na miña modesta opinión e á vista das imaxes, unha, a que tedes debaixo, deixa ben claro que non estamos ante un problema menor, estamos ante unha verdadeira catástrofe, cuxas secuelas deixarán sentirse durante moitos, moitos anos, con consecuencias terríbeis para a saúde de todo ser vivo.

Como dixen non hai moitos días, e vendo a terríbel explosión das cámaras onde está situado un dos reactores, a cousa xa pintaba mal desde aquel día, e non me enganei. As armas de distracción masiva funcionan a pleno rendemento, as informacións, mesmo contraditorias, sucédense rápidas como un tsunami que arrasa a con todo, mesmo coa verdade, deixando desconcertada á meirande parte da poboación, que non sabe xa que crer.