Reflexións galegas e en galego

25/02/11

Esperpento da Consellaría de Traballo e Benestar

É cando menos esperpéntica a campaña que se acaba de sacar da manga a Conselleira de Traballo e Benestar para evitar que a xente conduza baixo os efectos do alcohol, pedíndolle aos locais de copas que proxecten o vídeo promocional ao final da noite.

Por unha banda, o vídeo promocional está en perfecto castelán, nada novo neste goberno galegofobo; pero por outra parte, resulta curioso que se vaia proxectar o vídeo DESPOIS de que a xente beba alcohol e non antes. Digo eu que haberá que chamar á responsabilidade da xente ao principio da noite, non cando un leva non sei cantas horas desperto e cansos coma burros. E aínda digo máis, haberá que proxectalo antes para que a xente non beba alcohol, independentemente de se vai conducir ou non, por que beber alcohol en exceso tamén é malo, ainda que non se colla o coche. O dito, esperpéntico!

24/02/11

23-F, a outra historia

Ou a historia real...

23/02/11

Fernando Savater pasouno "bomba" con ETA


Quédome sen palabras ante declaracións deste estilo, e máis vindo dunha persoa que se caracterizou por ser o azoute do terrorismo e do nacinalismo, que el se adicou a demonizar en canto poleiro tiña a disposición, e tivo moitos, seguramente demasiado, tendo en conta estas declaracións.

18/02/11

PSOE nuclear

“Manteremos o compromiso de substitución gradual da enerxía nuclear por enerxías seguras, limpas e menos custosas, pechando as centrais nucleares de forma ordenada no tempo ao final da súa vida útil"
Programa electoral do PSOE en 2008, co que concorreron ás eleccións xerais dese ano.

A vida útil estaba estipulada por lei en 40 anos. Pero o PSOE, PP, CiU e PNV votaron a favor dunha emenda para eliminar a data de caducidade das centrais nucleares.

E non teño máis que dicir, que cada quen saque as súas propias conclusións.

17/02/11

Cae Rumasa (outra vez)

Deixando á marxe os episodios ocorridos nos anos 80, cando RUMASA fora intervida polo Estado e en parte expropiada ao seu pintoresco propietario, está clarao que este home e a súa muller tropezan dúas veces coa mesma pedra.

O anuncio que podedes ver na imaxe é de 2009. Xa daquela a crise estaba en plena efervescencia, e cuns tipos de xuro bancarios polo chan, co consorcio empresarial RUMASA ofrecía unha rendibilidade nos seus pagarés do 8%, nuns anuncio en prensa, radio e TV, que seguramente custaron os seus cartiños.

A pregunta é. Canta xente caeu na trampa? Cantos recuperarán os seus cartos? Cantas e que entidades bancarias participaron nunha entroidada que se vía de lonxe?

O peor de todo é que centos, senón miles de traballadores, moitos deles galegos e galegas, quedarán na rúa por culpa das aventuras destes empresarios.

14/02/11

Autoodio, o sea!

Impresionante documento gráfico e sonoro dunha concursante galega do programa "Gran Hermano", arrementendo contra o idioma galego. Por desgraza as opinións que podemos escoitar neste vídeo son máis habituais do que nos poida parecer.

09/02/11

Os estatutos de Sortu

Isto é un estracto dos estatutos de Sortu, a nova organización da esquerda abertzale, concretamente correspóndese con seu título preliminar. A cousa está moi clariña. Malia todo a PSOE e a PP isto tampouco lles vai a servir e estreitarán o aro todo o que poidan con tal de que boa parte da sociedade vasca non teña a súa correspondente representación política nas institucións.

08/02/11

España estreita o aro

Até hai uns días calquera podía pensar que legalizar un partido promocionado pola esquerda abertzale só era cuestión de pasar polo aro disposto pola lei española, e condenar ou rexeitar a violencia. Mais todo parece que había letra pequena que só PSOE e PP coñecían, e agora, á marxe diso, teñen que pasar unha corentena, un período transitorio non especificado na Lei de Partidos Políticos, pero que estes dous partidos estatais pregoan aos catro ventos como se dun dogma de fe se tratara.

Tanta precaución só pode ter unha explicación, que a esquerda abertzale, sen o estigma da violencia que a lastrou durante anos, demasiados, arrasará nas eleccións municipais, e seguramente na próximas eleccións vascas, e iso é algo que os partidos estatais non queren nin por asomo.

05/02/11

UGT e CCOO venderon as pensións

02/02/11

Á procura doutro fillo de puta

Perdoade a miña ignorancia, pero de verdade que non sabía que en Exipto había un ditador. O que até unha semana se paseaba por todas as residencias presidenciais de medio mundo, resulta que é un tirano, pouco menos que un criminal de guerra.

Visto é que, polo que sexa, -xa se saberá máis adiante-, Mubarak xa non está dentro dos deseños do Imperio, deixou de ser o seu “fillo de puta”, e andan á procura urxente dun substituto. O problema pode estar en que se cadra o substituto tampouco é do agrado ianqui, co cal a cousa complicaríase.

De todos os xeitos, benvido este vendaval democratizador que ven de occidente inundando oriente; agardo que tamén chegue a outras latitudes onde tamén fai boa falta un cambio, como por exemplo en Arabia Saudita; sí, o que lle vende o petróleo aos americanos.

Xogos de guerra

Como se dun vídeo xogo se tratara, así é a guerra para os soldados do exércitos dos Estados Unidos en Afganistán, que lle da igual matar persoas con munición de 30 milímetros que cun misil. O caso é matar.

Por certo, abraiante o nulo discurso crítico do locutor da noticia que dá Antena 3; Fala do asunto como se estivera describindo o último xogo da Play Station, no canto de discribir unha matanza, que ben poidera considerarse un crime de guerra.

Reforma das pensións: para botarse a tremer

Se xa a priori a reforma das pensións acordada polo PSOE-CCOO-UGT e Empresarios sería catastrófico para o futuro dos pensionistas, a visualización dos datos desta reforma é para botarse a tremer do que nos espera a todos e todas nós, e sobre todo á xeración máis nova. E todo é susceptíbel de empeorar, xa que a cousa seguramente non quedará aí, posto que nos últimos 30 anos o sistema de pensións cambiou en varias ocasións, e para peor.

Non só teremos que traballar máis anos para ter unha pensión, senón que por encima cobraremos menos. Olla os datos sacados desta web.

E quen se beneficia de todo isto? Os fondos de pensións privados que verán como, os que poden permitir ese luxo, incrementarán as súas aportacións a estes fondos para garantirse unha pensión digna.