Reflexións galegas e en galego

22/09/11

Cando falamos de beneficios as casualidades non existen

Onte a FED, o banco central americano -que é privado, por se non o sabiades-, nunha sorte de malabarismo financeiro, vendeu bonos de vencemento inferior a 3 anos para comprar outros bonos de vencemento superior a 6 anos, por valor de 400.000 millóns de euros. Esta operación, segundo se parece, ten como finalidade reactivar a economía dos EEUU.

Segundo informa Gurus Blog, desde o mes de abril, o maior xestor de fondos do mundo, Pimco, vendeu paseniñamente a súa carteira de bonos de vencemento inferiores a 3 anos, para ir adquirindo outros cun vencemento superior. A estas alturas a súa carteira de bonos con vencementos a curto prazo é practicamente cero, e vai ter na porta á FED desexosa de comprar bonos a longo prazo. Vamos, negocio redondo!

Causalidade? Cando estamos a falar de millóns de dólares en beneficios as casualidades non existen. Que cada quen saque as súas propias conclusións.

0 Comentarios: