A nova constitución Libia define este estado como islámico, e ten como fonte de lei a Sharia. Antes era un estado laico.
Túnez, o primeiro dos países árabes en levar a cabo a súa revolución árabe, vai polo mesmo camiño. Sendo como era un país laico, tiña prohibido o uso do hiyab en edificios públicos, e mesmo o goberno desencadeou intensas campañas contra o uso desta prenda nas mulleres, así como as fotografías de homes con barba nos documentos de identidade. Hoxe, despois da revolución Xázmín, volven as barbas e os velos.
E mentres tanto os progres, que se escandalizan polo uso obrigatorio do velo nun estado islámico, ou nas nosas latitudes, fican mudos ante as novas formas de goberno que se abren paso no norte de África, que está por ver se os cidadáns destes países son agora máis libres que antes destas revolucións de deseño; o que é seguro, é que as grandes transnacionais terán menos problemas para espoliar os importantes recursos naturais destes países, que, a fin de contas, era do que se trataba.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

0 Comentarios:
Enviar um comentário