Los créditos para satisfacer los intereses y el capital de la deuda pública de las Administraciones se entenderán siempre incluidos en el estado de gastos de sus presupuestos y su pago gozará de prioridad absoluta. Estos créditos no podrán ser objeto de enmienda o modificación, mientras se ajusten a las condiciones de la Ley de emisión.
O novo artigo 135 da Constitución que propoñen PSOE e PP
Para o PSOE e para o PP, que raudos e veloces pactaron a Reforma da Constitución para fixar o teito de endebedamento de todas as administracións públicas do Estado, consideran, con esta reforma, que a educación, a sanidade, a creación de emprego, a cultura, os servizos básicos que presta un concello ou unha comunidade autónoma (recollida de lixo, abastecemento de auga, saneamento, ...), NON son prioritarios para eles; o prioritario para PSOE e PP é pagar o capital e os intereses da débeda pública. Para eles, o prioritario e seguir mantendo en funcionamento o casino do sector financeiro.
Esta reforma supón a liquidación do estado de benestar, e terá uns culpábeis que son PSOE e PP. Se non queres ser cómplice, mobilízate!

2 Comentarios:
Ise é o verdadeiro problema...
O equlibrio financieiro das contas públicas, pese aos que o critican como ameaza ao estado do benestar, penso eu que non é unha ameaza en absoluto, ainda mais, a limitación do déficit pode ser unha cousa positiva para a progresividade fiscal, (que non podas gastar mais do que ingresas non ten por que obrigar a facer recortes de gasto, podese aumentar impostos, loxicamente aos que teñen con que pagalos, co que pode axudar a unha redistribución da riqueza)... Por outra parte hai técnicas abondas de enxeñeiría financieira e de contabilidade creativa para cadrar os dados dentro duns parámetros fixados, sin contar con que os parámetros se fixeran por lei de xeito que o que fixe unha maioría coxuntural pode trocalo outra mairía distinta...
O problema está nise punto 3 e na prioridade absoluta do pago da débeda pública...
Iso é o grave, ante un impago a un prestamista, isto pode acollerse directamente aos tribunais, (ao tribunal constitucional), e saltandose calquer outra norma, que sempre terá un rango inferior, esixir o cobro embargando calquer outra partida, así sexan os soldos dos funcionarios, os suministros de medicamentos, as pensións ou calquer outro gasto que conte con liquidez...
Por imposición dos "mercados" queren impoñer unha cleusula anti-islandesa, (a quita aos acreedores en caso de default)...
Tería sentido que nunha suspensión de pagos dunha empresa o pago dos créditos bancarios tivera prioridade absoluta sobre as nóminas dos traballadores, os pagos a SS, os impostos, as débedas a proveedores, etc.?...
Pois o que vemos intolerable no tráfico comercial de empresas e particulares, PSOE e PP o queren impoñer ao Estado, as nacións e rexións e asos municipios, (dín das "Administracións", ou sexa, a débeda de "todas")...
Sobre este exemplo último que apuntas, o da empresa, ti dalles tempo... que xa verás.
Enviar um comentário