Reflexións galegas e en galego

27/06/11

Terra queimada

Arde Galiza! Non só polo lume provocado por desaprensivos que non aman nin a natureza nin o País, senón pola austeridade do Partido Popular. Por non gastar uns miles de euros o Conselleiro de Medio Rural non activará o servizo de extinción até o próximo día 1 de xullo... total, a quen lle importa uns poucos toxos, piñeiros e eucaliptos?

Arde Galiza! O noso idioma é pasto das lapas dunha sociedade enferma de auto-odio, cuns gobernantes que no canto de paliar os síntomas e eliminar o virus que nos corroe, lexislan, recéitannos medicinas que alimentan o virus no canto de matalo.

Arde Galiza! Mañá será o último día do xornal Galicia Hoxe, escrito integramente en galego, seguindo a estela de Vieiros ou GZ Nación.

Mais se alto ten demostrado esta Terra é o seu grande poder de rexeneración, pero cando será...

0 Comentarios: