Reflexións galegas e en galego

19/06/11

O empresario ético de NCG Banco

José María Castellano é novo presidente de NCG Banco, e a caixa xa é historia. O xornal Faro de Vigo fai unha gabanza deste personaxe, que malia Vigo quedar sen caixa de aforros, agora toca estar cos que mandan. E vaia se manda! O señor Castellano, que recibíu en 2003 o galardón “Empresario Ético Europeo”, era por 2008 (ignoro se agora aínda o é) o vicepresidente de La Voz de Galicia, e accionista dunha das empresas “prexudicadas” polo concurso eólico do Bipartito, que, como todos sabedes, logo dunha campaña mediática de acoso e derribo ao BNG sen precedentes na etapa democrática en Galiza, significou a perda das eleccións en 2009. Esta é a ética?

0 Comentarios: