Reflexións galegas e en galego

18/06/11

Fumata branca en Fukushima

Xa non é portada e apenas hai algunha referencia nos medios de comunicación sobre o que está a ocorrer en Fukushima, a central nuclear que estourou en Xapón por mor do tremor de terra e o posterior tsunami. E sen embargo non deixan de ocorrer cousas terríbeis meses despois da catástrofe, pero semella que xa non é interesante, malia que miles, senón millóns, de vidas humanas están en perigo de morte.

O vídeo que podedes ver a continuación é unha desas tantas noticias terríbeis que pasan “desapercibidas” para os medios; é o reactor 1 da central de Fukushima que meses máis tarde aínda segue a desprender gases letais para a vida. Pero a quen lle importa?

0 Comentarios: