Se tedes tarxeta de crédito e a usades entenderedes perfectamente que pagar un 26,4% de interese é unha auténtica barbaridade. Mais se que ten que pagar eses xuros é un país que ten que colocar débeda soberana de miles de millóns de euros todos os días a cousa xa empeza a ter delito. Pois iso amig@s, Grecia paga por colocar no “mercado” bonos a 2 anos máis dun 26,4% de interese, e subindo!! O prezo de débeda soberana está a prezo de visa ouro, e iso é INASUMÍBEL para calquera país. Isto si que é para indignarse! E tede en conta un pequeno detalle, que os bancos e entidades financeiras que compran a débeda grega ao 26%, cando o Banco Central Europeo ou a FED americana llelo vende a les a un prezo ridículo. Isto ten un nome: USURA.
A Grecia non lle queda outra que botarse fóra do Euro para non quere pasarlle aos cidadáns o custe do atraco dos mercados e para recuperar a dignidade.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


0 Comentarios:
Enviar um comentário