Reflexións galegas e en galego

14/06/11

#15M e reforma electoral

O movemento #15M ten defensores/as ao máis alto nivel: Rosalía Mera, Felipe González, Mario Conde e París Hilton deron o seu apoio a este movemento, o cal non deixa de ser un pouco estraño. Mais agora, de entre as varias propostas deste movemento, a que máis predicamento ten é a da reforma electoral, e curiosamente tamén, a primeira que recolleu a luva, a primeira que quere transformar esta petición d@s indignad@s en algo real é Esperanza Aguirre, a do Spanish Tea Party, que dixo que reformaría a lei electoral en Madrid e poñer listas abertas.

Esperanza Aguirre sei moi ben porque lle gusta esta proposta, pero saben das consecuencias das listas abertas en democracia moit@s d@s indignad@s que estiveron acampad@s durante todos estes días? As listas abertas é un canto ao individualismo, iso en primeiro lugar; significa que persoas con grande predicamento mediático terían vantaxe por encima do resto, manter o status quo das clases privilexiadas, en segundo; significaría introducir no estado español un modelo semellante ao norteamericano, onde só as clases privilexiadas, as persoas ricas, con grandes aportacións económicas á súa campaña poden participar nunhas eleccións; significaría que no canto de ter candidatos de partidos políticos teríamos candidatos de lobies de presión.

0 Comentarios: