Algo raro hai nisto, porque se isto é frustante, non deixa de ser intrigante, que un dos ideólogos do movemento 15M, Enrique Dans, que ten un perfil profesional que nada ten a ver cun anti-sistema, pide un “cambio”, así en abstracto, sen concretar nada en absoluto, e defende que este colectivo non ten que facer proposta algunha, malia sacar a miles de persoas á rúa. Ollade o vídeo porque non ten desperdicio.
Pero seguramente o máis inquietante é a aparición en escena en moitas concentracións de persoeiros como Eduardo Punset, que foi economista do Fondo Monetario Internacional, que ditou a política económica de América Latina coas nefastas consecuencias que todos coñecemos, e que dita agora as políticas económicas en Europa, da man da Unión Europea; pois ben, este señor, que ten unha importante plataforma mediática na televisión pública española, non só defende senón que razoa a conveniencia dun goberno mundial, nas antípodas do que o colectivo 15M ou “Democracia Real Ya” di defender. Neste sentido é curioso como en todas estas concentracións hai unha ausencia total de calquera tipo de emblema ou bandeira, símbolo de identidade nacional, senón a ausencia total, no caso de Galiza, do noso idioma, tradicionalmente asociado a todo tipo de reivindicacións sociais; non hai máis que botar unha ollada ás webs de #acampadaobradoiro, #acampadavigo ou #acampadacoruña.
Insisto, se ven comparto moitas das súas propostas, e alégrome de haxa xente que se mobiliza na procura dunha sociedade mellor, sen embargo hai certos aspectos deste movemento que me resultan un tanto sospeitosos.

0 Comentarios:
Enviar um comentário