Unha de cal e outra de area. Onte pola noita vía con satisfacción a sentada diante do Congreso dos indignad@s clamando contra a reforma laboral, un acto, coido que importante, pero que sen embargo, con pouca repercusión mediática. Que curioso!
Sen embargo hoxe, descubro con estupor que un dos portavoces do movemento #15M traballa para a Fundación Everis, un think tank neoliberal creado en 2001 co apoio entusiasta das principais transnacionais do Estado, que hai máis ou menos un ano presentara aos medios e ao monarca Juan Carlos de Borbón o informe Transforma España, no que se avogaba tamén por un cambio político no estado, por unha reforma da lei electoral e todo no marco dun mundo armoniosamente globalizado, tal e como defende Eduardo Punset, que tamén foi redactor do citado informe.
En resumidas contas que todo empeza a encaixar. Así se explica o apoio que está a ter nos medios un movemento, aparentemente anti-sistema como o #15M. O perigoso é que co beneplácito e o entusiasmo do pobo, imporanse cambios antidemocráticos nas estruturas do Estado, o contrario do que o movemento “Democracia Real Ya” persegue, que aderezado coa forza da mocidade e as novas tecnoloxías, imporán unha serie de cambios que a cara descuberta non serían quen de impor.
Máis información.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


0 Comentarios:
Enviar um comentário