Reflexións galegas e en galego

02/04/11

Zapatero non será candidato, vale, e que?

Zapatero anunciou hoxe que el non será o candidato do PSOE en 2012. Para min a noticia é absolutamente irrelevante, porque no fondo dá igual quen sexa o cabeza de cartel, cando as políticas que fai o partido están avaladas por todos os deputados e deputadas do PSOE no Congreso.

A reforma laboral, ás axudas aos bancos, a privatizacións das caixas, a privatización de AENA e as lotarías dos estado, a reforma das pensións, etc, todas estas contrarreformas prexudiciais para todos e todas, non se aprobaron co único voto de Zapatero, foron votadas por todos e cada un dos deputados e deputadas do PSOE, e en algún caso con entusiasmo.

O problema é que a partires de agora estaremos entretidos con quen será o sucesor ou sucesora, mentres o estado español alcanza cifras record de paro dentro da Unión Europea.

0 Comentarios: