Reflexións galegas e en galego

06/04/11

Portugal cae nas mans do FMI e a UE

Como fichas de dominó, o "selecto" clube dos PIGS están a caer. Primeiro Grecia, logo Irlanda, a agora tócalle a Portugal pasar pola pedra do FMI. O noso veciño tiña outras alternativas que supoño estudarían, non o sei, como Brasil ou sairse mesmo do Euro para recuperar o control da súa moeda, que agora está en mans alemanas, -quero dicir, do Banco Central Europeo-.

A cousa pinta mal, os dous que restan do clube dos PIGS é España e Italia. Pasarán seis meses, un ano, pero na miña opinión, o país que ten un 20,5% de paro ten todos os boletos para ser o seguinte. Xa sabedes a que Estado me refiro!!, pois iso, irse preparando, que veñen curvas.

6 Comentarios:

Fumador disse...

Seguindo un economista non neoliberal, o BCE representa a Banca Alemá.

Oscar de Lis disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Óscar de Lis disse...

Portugal tem alternativa, mas pouco tempo. Deixo aqui a explicação, longa de mais para um comentário:
http://aconjuradosnescios.blogspot.com/2011/04/ha-alternativa-para-portugal.html

Costadamorte disse...

Non remato de entender cal é o problema e que é iso do "rescate"...
E o digo absolutamente en serio, cando non se pode, non se paga, e punto, evidentemente se gasta menos, pero sobre todo non se paga.
E se iso o pode facer un particular, que non poderá facer un estado, que é "soberán"?...
Resumindo, a solución islandesa...
No caso español, resulta que a maior parte da débeda é débeda privada, pois ben, que respondan particularmente os debedores por ela..., e si creban bancos e caixas, pois é o seu problema, (e de quen ten alí efectivo)...
Nin fondos de garantía de depósitos nin hostias...
Eu teño bastantes débedas e non pago..., e como veñan a reclamarme moito, ainda lles parto as pernas por pesados...

Costadamorte disse...

Matizo o meu comentario anterior cun comentario que a conta do referendum islandes enviei ao facebook da "A NOSA TERRA";

Sexamos realistas, niste mundo non hai nada seguro, unha cousa son os pequenos aforradores, (persoas físicas), que poden ter dereito a que se lles garanta un mínimo de subsistencia da inversión do seu aforro, (por exemplo hai moitos paises que as pensións se financian cos investimentos privados de cada traballador, e loxicamente deben ter certa protección pública), outra cousa son os grandes investidores, (ainda que sexan fondos que se nutren con moitos pequenos investidores particulares, en cuio caso os responsables son os xestores, que lo xeral son os grandes bancos de inversión), nise caso, o risco o corren eles, e cando deciden investir nun banco extranxeiro, ou en débeda pública doutro país, e o fan porque parecelles mais rendibel, (como fixeron moitos investidores británicos ou holandeses cos bancos de Islandia), ou como fan coa debeda pública grega ou portuguesa, e resulta que ises bancos creban, pois o sinto, pero perderon o seu investimento e a reclamar ao mestre armeiro, non vexo por que os cidadans teñan que pagar a mala xestion dun banqueiro mais alo dos cartos que individualmente meteran no seu banco.

E cando a insolvencia é da debeda pública, pois con certos matices, pero mais ou menos o mesmo, nin rescate nin hostias, que respondan os que administraron mal, (as autoridades monetarias e de facenda a título particular), non os particulares que non teñen responsabilidade directa.

É a miña opinión...

Imeneo disse...

A respecto da cuestión islandesa, deixo unha ligazón cunha opinión que a min si que me deu que pensar

http://www.guerraeterna.com/archives/2011/04/la_responsabili_1.html