As noticias sobre a situación da central nuclear de Fukushima sucédense contraditoriamente. Un día os medios din que a radiación supera 10.000.000 millóns de veces as cifras normais e tolerábeis, para, ao día seguinte, rebaixala a 100.000, como se iso fora un dato mellor para saúde dos nipóns e dos veciños asiáticos.
Os medios foxe das comparacións con Chernobyl, non queren baixo ningún concepto que ese accidente terríbel na ex Unión Soviética se poida equiparar a este. Onde vai parar! Xapón é un país capitalista, occidental, malia estar en oriente, e en occidente estas cousas non ocorren. O malo é que si ocorren, e na miña modesta opinión e á vista das imaxes, unha, a que tedes debaixo, deixa ben claro que non estamos ante un problema menor, estamos ante unha verdadeira catástrofe, cuxas secuelas deixarán sentirse durante moitos, moitos anos, con consecuencias terríbeis para a saúde de todo ser vivo.
Como dixen non hai moitos días, e vendo a terríbel explosión das cámaras onde está situado un dos reactores, a cousa xa pintaba mal desde aquel día, e non me enganei. As armas de distracción masiva funcionan a pleno rendemento, as informacións, mesmo contraditorias, sucédense rápidas como un tsunami que arrasa a con todo, mesmo coa verdade, deixando desconcertada á meirande parte da poboación, que non sabe xa que crer.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


0 Comentarios:
Enviar um comentário