Reflexións galegas e en galego

17/02/11

Cae Rumasa (outra vez)

Deixando á marxe os episodios ocorridos nos anos 80, cando RUMASA fora intervida polo Estado e en parte expropiada ao seu pintoresco propietario, está clarao que este home e a súa muller tropezan dúas veces coa mesma pedra.

O anuncio que podedes ver na imaxe é de 2009. Xa daquela a crise estaba en plena efervescencia, e cuns tipos de xuro bancarios polo chan, co consorcio empresarial RUMASA ofrecía unha rendibilidade nos seus pagarés do 8%, nuns anuncio en prensa, radio e TV, que seguramente custaron os seus cartiños.

A pregunta é. Canta xente caeu na trampa? Cantos recuperarán os seus cartos? Cantas e que entidades bancarias participaron nunha entroidada que se vía de lonxe?

O peor de todo é que centos, senón miles de traballadores, moitos deles galegos e galegas, quedarán na rúa por culpa das aventuras destes empresarios.

2 Comentarios:

Andrés disse...

Aínda menos mal que non mercaron a pranta de Outeiro de Rei, aínda que meus pobres os de Clesa.

Anónimo disse...

Era o que lle faltaba a unha comarca especialmente azoutada polo paro...