Reflexións galegas e en galego

02/02/11

Reforma das pensións: para botarse a tremer

Se xa a priori a reforma das pensións acordada polo PSOE-CCOO-UGT e Empresarios sería catastrófico para o futuro dos pensionistas, a visualización dos datos desta reforma é para botarse a tremer do que nos espera a todos e todas nós, e sobre todo á xeración máis nova. E todo é susceptíbel de empeorar, xa que a cousa seguramente non quedará aí, posto que nos últimos 30 anos o sistema de pensións cambiou en varias ocasións, e para peor.

Non só teremos que traballar máis anos para ter unha pensión, senón que por encima cobraremos menos. Olla os datos sacados desta web.

E quen se beneficia de todo isto? Os fondos de pensións privados que verán como, os que poden permitir ese luxo, incrementarán as súas aportacións a estes fondos para garantirse unha pensión digna.

2 Comentarios:

Anónimo disse...

Habería que ver cal é a metodoloxía para realizar ese cálculo. Ó fin e ó cabo, a pensión cobrada tamén vai depender do que os gobernos decidan aumentar (ou non) as pensións. Se as pensións aumentan por debaixo da inflación, baixarían aínda co modelo actual. Se suben por riba da inflación, o resultado final podería ser mellor incluso que co actual.

No fondo o que tén que garantir un sistema é que o diñeiro recaudado (por calquera medio) para pensións dividido polo número de xubilados sexa suficientemente alto. Con isto e cunha redistribución xusta, non fai falta recortar nada. E menos para as pensións máis baixas.

O que me sorprende é que ninguén estea reclamando que se suban as pensións mínimas e se baixen as máximas. Desta forma, faríamos que os que son máis ricos podan aforrar (co que os da banca tamén estarían contentos) e os que non teñen en ningún caso posibilidade de ter un plan de pensións extra, tamén teñan unha xubilación digna.

yemek tarifleri resimli disse...

kayıp izle izmir çetesi dizisi canan izle sürgün izle canan dizisi izmir çetesi izle bordo bereli izle derin sular dizisi derin sular izle sırat izle ezel final izle cennetin sırları izle yolun başı izle sırat dizisi film izle kaç para dizi izle iffet