Reflexións galegas e en galego

02/02/11

Á procura doutro fillo de puta

Perdoade a miña ignorancia, pero de verdade que non sabía que en Exipto había un ditador. O que até unha semana se paseaba por todas as residencias presidenciais de medio mundo, resulta que é un tirano, pouco menos que un criminal de guerra.

Visto é que, polo que sexa, -xa se saberá máis adiante-, Mubarak xa non está dentro dos deseños do Imperio, deixou de ser o seu “fillo de puta”, e andan á procura urxente dun substituto. O problema pode estar en que se cadra o substituto tampouco é do agrado ianqui, co cal a cousa complicaríase.

De todos os xeitos, benvido este vendaval democratizador que ven de occidente inundando oriente; agardo que tamén chegue a outras latitudes onde tamén fai boa falta un cambio, como por exemplo en Arabia Saudita; sí, o que lle vende o petróleo aos americanos.

0 Comentarios: