Reflexións galegas e en galego

25/02/11

Esperpento da Consellaría de Traballo e Benestar

É cando menos esperpéntica a campaña que se acaba de sacar da manga a Conselleira de Traballo e Benestar para evitar que a xente conduza baixo os efectos do alcohol, pedíndolle aos locais de copas que proxecten o vídeo promocional ao final da noite.

Por unha banda, o vídeo promocional está en perfecto castelán, nada novo neste goberno galegofobo; pero por outra parte, resulta curioso que se vaia proxectar o vídeo DESPOIS de que a xente beba alcohol e non antes. Digo eu que haberá que chamar á responsabilidade da xente ao principio da noite, non cando un leva non sei cantas horas desperto e cansos coma burros. E aínda digo máis, haberá que proxectalo antes para que a xente non beba alcohol, independentemente de se vai conducir ou non, por que beber alcohol en exceso tamén é malo, ainda que non se colla o coche. O dito, esperpéntico!

0 Comentarios: