Falan por aí que o PP é a dereita pura de dura, mais o que está a facer hoxe o PSOE supera estes adxetivos, máis aínda vindo
dun partido que “presume” de ser de esquerdas. O PSOE saca o exército para controlar unha situación de folga, que vén despois de que o goberno central de Rodríguez Zapatero anuncie a privativación dos aeroportos de Madrid e Barcelona.
Ao meu entender non se trata de controlar unha situación caótica, trátase, en definitiva, de DOMAR a un colectivo de traballadores, especialmente reivindicativo, para que, unha vez no sector privado, non dean o máis mínimo chío, e
vender AENA ao mellor postor.
Seguramente haberá moita xente cabreada pola situación, e podería analizarse quen ten a responsabilidade do caos que se viven en Barcelona e Madrid, é dicir, se o goberno ou os controladores, pero coido que sacar o exército ás rúas, é un toque de atención a todos e todas os traballadores, atrapados nos aeroportos citados anteriormente; perante calquera problema, calquera paro, calquera folga de calquera colectivo de traballadores, por moi xustificados que sexan os motivos destas protestas, o goberno saca o exército e soluciona o problema.
Isto non é un estado democrático de dereito, isto é FASCISMO.
Hoxe son os controlodaores, pero mañá serán os mestres, os profesores, os médicos, os traballadores de Citröen, de Inditex, ...