Zapatero ven de remodelar o goberno, non para cambiar a súa política, senón para comunicar mellor. Non só cambiou caras, tamén liquidou Ministerios como o de Vivenda e o de Igualdade. Por certo, a respecto deste último, non hai moitos meses Zapatero dicía que
o Ministerio de Igualdade existirá por moitos anos. Xa se ve que non.
Se falamos de comunicación e non de cambio nas súas políticas este goberno xa sae coxo desde o primeiro día, con persoas que teñen, xa de partida, demasiados puntos débiles.
Nomea como Ministro de Traballo a Valeriano Gómez, que secundou a folga e as manifestacións o pasado 29 de setembro; Que nos quere dicir Zapatero con isto, que vai liquidar a reforma laboral aprobada hai unha semanas? Seguro que non.
Nomea a Rosa Aguilar como Ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, unha persoa que foi destacada militante de Izquierda Unida.
Trinidad Jiménez deixa Sanidade e pasa ao Ministerio de Exteriores, unha persoa que hai uns días perdía unhas primarias fronte a un descoñecido.
Entra no goberno Leire Pajín, até hai pouco Secretaria de Organización do PsoE, que á marxe da súa valía profesional, dotes comunicativas ten moi poucas;
para mostra...
En definitiva, que se do que se trataba era de comunicar mellor, coido que os elixidos sairán ra na súa meirande parte, senón ao tempo; e deixar en mans dunha persoa como Rubalcaba, que por moi ben valorado que estea, se non se muda a política económica do goberno, pouca cousa se mellorará, porque unha reforma laboral regresiva dos dereitos dos traballadores ou unha reforma das pensións que nos levará a traballar máis anos, por moi ben que se comunique non deixa de ser a liquidación de conquistas sociais que custou moitos sacrificios conseguir.