Reflexións galegas e en galego

30/09/10

Esperpéntico

Mentres que en Galiza os nosos nenos e nenas aprenden as nosas cancións tradicionais en castelán, como por exemplo a "saia de Carolina", na India cantan unha canción popular galega, ... en galego.

De que se rin?

Non sei de que se rin estas mozas ao paso dos piquetes ou dos manifestantes das múltiples manifestacións que houbo onte durante a folga xeral. Pola súa indumentaria dedúcese que traballan para a multinacional, Starbucks, que non terá o máis mínimo repara en botalas á rúa en canto baixen os seus beneficios, e que está entusiasmada coa reforma laboral aprobada polo PSOE. Vendo a foto, calquera diría que están contentas co seu traballo lixo.

A manifestación da CIG en Vigo

Como seguramente non se poderán ver estas imaxes noutro sitio, aquí vos deixo un resumo da manfiestación da CIG en Vigo

29/09/10

Rotundo éxito da folga xeral

A #FolgaXeral é un rotundo éxito en Galiza, superando calquera previsión, mesmo as máis optimistas. Na manifestación de Santiago, a CIG tiñan preparado o atril e a megafonía na Praza do Toural e tiveron que improvisar un acto na Praza de Praterías, -son da opinión que había que tomar a Quintana-.

Seguramente, -sinto ser pesimista- que nada vai cambiar na política do goberno central e no goberno da Xunta, pero colectivamente, socialmente, coido que a pegada desta folga xeral traerá consecuencias positivas para o futuro. Todo o mundo empeza a ser consciente de que con este modelo económico camiñamos cara o abismo, e o que temos que facer é cambiar de modelo, non rectificar, como din outros, empeñados en salvar a un PsoE que rende pleitesía ao neoliberalismo.

27/09/10

A CRTVG pasa da CIG

En todas estas semans previas á folga xeral, tanto na Radio Galega como na TVG, a CIG brilla pola súa ausencia, malia que a central sindical nacionalista tamén convocou -a nivel galego- unha folga xeral. Calquera información que se dá sobre a folga, só inclúe a CC.OO e a UGT, que acompañados como dous irmáns siameses percorren os medios e os palcos para arengar ás másas.

Modestamente aquí vai a miña pequena contribución para espallar a mensaxe da CIG.

As razóns de "Profes co Galego" contra o decretazo

Ánimo!, estamos con vós!!

24/09/10

Gracias Ana Kiro

Cando ía á escola o condutor do autobús poñíanos un día sí e outro tamén a mesma casete de Ana Kiro. Todos os días: á ida e á volta. Unha auténtica tortura. Mais ela tampouco ten a culpa de que o condutor non tivera máis cintas, pero teño que recoñcer que froito diso a súa música non me gustaba moito. Con todo hai que recoñecerlle a aportación que fixo ao galego, percorrendo festas por todo o país e levando a música en galego a cada recuncho de Galiza, levando algo de normalidade a un país que non é nada normal. Gracias, Ana.

Pídechas o corpo
Cargado por camacato. - Ver más clips de música, videos en HD!

A saia de Carolina

Como se pode observar no vídeo non é necesario traducir a tradicional canción galega, A saía de Carolina, para que desfruten os nenos e as nenas. Só mentes acomplexadas traducirían unha canción tradicional no noso propio país.

23/09/10

Montilla rectifica

É de sabios rectificar, e Montilla rectificou despois de que lle caera unha enxurrada de críticas.
De non ser así, dubido moito que o fixera.

Por outra banda, aínda estamos agardando polas desculpas de Rosa Díez, que non debe ser moi sabia, e aínda tiña máis que dicir.

Montilla igual que Rosa Díez

En febreiro deste ano Rosa Díez indignou a todos os galegos e galegos cando nunha entrevista utilizou "gallego" en sentido vexatorio e pexorativo. Hoxe José Montilla, President de Catalunya, do PSC-PSOE tamén utilizou o tópico que fóra de Galiza hai sobre os galegos para descalificar ao contrario, a CiU, neste caso.

Como President de Catalunya supoño que Montilla se indignaría que calquera recorrera aos tópicos que hai sobre esta nación para descalificar a un colectivo ou persoa. Daquela supoño que entederá a nosa indignación pola utilización de "gallego" como un insulto, e agardamos unha rectificación, cousa que non fixo aínda Rosa Díez, e supoñemos que non lle gustará quedar á altura desta señora.

21/09/10

Sementando o medo e a confusión

O mesmo día pero en distinto sitio, Leire Pajín, Secretaria de Organización do PSOE, e Zapatero, Presidente do Goberno e Secretario Xeral do PSOE, non se poñen de acordo sobre o asunto dos xitanos e Zarkozy. Ela di unha cousa e Zapatero a contraria.

Hai que recoñecer que son uns fenómenos, porque facer iso e que os militantes non marchen espantados xa ten mérito.

20/09/10

Estamos fartos!!

O BNG ven de presentar no Senado unha iniciativa para que se repeten os topónimos nas páxinas webs oficiais., concretamente na páxina do Ministerio de Cultura.

Non é a primeira vez que isto ocorre, e xa vai sendo hora de que sexa a última vez que se deturpan os nosos topónimos, e máis vindo dunha páxina oficial dun organismo público.

Xa é paradóxico que os topónios deturpados atopábanse na sección "Bienes cultural protegidos"; está claro que moi protexidos non están.

15/09/10

As razóns para a folga xeral do 29 de setembro


Resignación

Fiquei sorprendido hoxe pola mañá cando os tertulianos da Radio Galega, aceptaban como unha praga bíblica que nun momento dado -máis pronto que tarde-, teremos que pagar por usar as autovías, que agora son de balde. Das súas palabras non saíu nin unha soa crítica, aceptando a directriz da Unión Europea como se foran os mandamentos escritos en pedra.

De chegar a medida, que chegará, xa que en Portugal entra en vigor este mes, terá graves consecuencias para economía de moitos galegos, nomeadamente do sector do transporte, que verán incrementados os seus custes, que tarde ou cendo repercutirán en todos nós.

Mais a miña sospeita é que tarde ou cedo, esta peaxe que teremos que pagar, derivará nunha privatización da infraestrutura, como as autoestradas, en mans americanas, o que repercutirá negativamente na calidade do servizo e sobre todo no estado das infraestruturas, cuxo exemplo máis preto témolo na AP-9, a autoestrada A Coruña-Vigo.

14/09/10

Os benególogos están doentes

Non vou dicir que o BNG é unha balsa de aceite, porque non o é, mais de aí a estar en crise como di Antón Baamonde no seu último artigo publicado o domingo pasado en El País, ou culpar ao BNG da irrelevancia política de Galiza no Estado, como tamén asinou Suso de Toro noutro artigo publicado no mesmo medio -que casualidade!-, hai un abismo.

Loitas de poder hainos en todo colectivo. Desde unha asociación de veciños, pasando por unha asociación cultural e chegando a unha organización política, a loita polo poder é inherente a todo colectivo humano. Así PP e PSOE tamén teñen loitas internas, sen embargo, estas, aínda que encarnizadas, vense como normais, e ninguén di que o PSOE en Madrid está en crise pola celebración dunhas primarias; que por certo, para poder celebrarse os interesados teñen que acadar a sinatura do 40% da militancia; no caso do BNG, este proceso fíxose e estase a facer en todo o país, avalado e dirixido pola Executiva Nacional, e onde participa todo militante que queira e que teña plenos dereitos.

Sen embargo estes dous intelectuais ven na virtude un problema. Critican o proceso de primarias do BNG, democraticamente intachábel, mentres fican mudos ante a cota mínima do 40% de sinaturas que ten que acadar un candidato ou candidata para poder ter dereito a participar nunhas primarias do PSOE.

Por outra banda, resulta tamén cando menos sospeitosa a obsesión e a teima que teñen co BNG estes dous “intelectuais” moi vinculados ambos os dous ao PSOE e á esquerda estatal, cando coa situación actual de crise económica tiñan que ser moi críticos coa actuación do Goberno da Xunta, co Goberno Central e da UE, que está a ter graves consecuencias para toda a clase traballadora.

Será que a reforma laboral aprobada non merece unhas liñas de tan insignes plumas? Será que as inxentes cantidades de diñeiro público que o Goberno progre deu ao sector financeiro non merece unha liña destes intelectuais? Será que a situación lamentábel do galego herdada da época Fraga e apuntillada por Feijoo non merece unhas palabras destes persoeiros? Por que ficaron mudos ante o tema das caixas galegas ou por que non critican a lei de caixas estatal que aproba a privatización dos únicos elementos de intervención financeira pública que queda?

En resumidas contas, que hai tantas cousas das que falar, nas que podían ser sumamente críticos co poder político, podendo aportar algo de luz á situación actual, no canto de atizar un día si e outro tamén á única forza política galega que lle está a facer fronte á adversidade que estamos a vivir en todos os eidos. Ao mellor é iso precisamente o que lles molesta, é dicir, a discrepacia política do BNG fronte ao poder estabelecido, a belixerancia do Bloque a favor do galego, oporse á reforma laboral e á conxelación de salarios e pensións, pelexar para que Galiza non perda as caixas de aforro, etc.

Certo é que é difícil de asumir por parte dunha persoa que como Suso de Toro, foi militante socialista na súa xuventude, e agora na súa madurez, fai panexíricas biografías de Zapatero, -“Buena persona, hábil y valiente”-, atoparse de repente, que o Goberno Central dirixido por unha persoa que “representaba la política como utopía” e que “se ajusta al mito del Rey Arturo”, está a levar adiante unha política ultra-liberal equiparábel á denostada Thatcher; certamente, é moi duro. Se a iso unimos que ten que voltar á docencia porque os libros que vende non lle dán para vivir, non é motivo de pagar a súa frustración co BNG, que non ten culpa de que el non venda libros nin ten culpa de que Galiza sexa “irrelevante”, en todo caso, se a ten sobre isto último será na parte proporcional que lle toca, pois dos 30 anos de autonomía galega o BNG só a gobernou pouco máis de tres anos.

10/09/10

A transferencia de tráfico a Galiza: crónica dunha aldraxe

A demagoxia e oportunismo do PSOE galego

A demagoxia e oportunismo político non coñece límite no PSOE galego. Logo de abandonar á súa sorte o sector lácteo, de non facer absolutamente forzando ao Goberno Central, que son do seu mesmo partido a negociar unhas condicións mellores para os nosos gandeiros e gandeiras dentro da UE, agora anuncian que se suman ao boicot ás empresas lácteas que traen o leite de fóra.

Mentres eles fan o boicot, Elena Espinosa, Ministra de Medio Rural, que disque é galega, ao día seguinte de que a Selección Española ganara o mundial de fútbol, regaloulle á súa homóloga holandesa un bolsa de laranxas, de Levante, por suposto, no canto dun litro de leite galego.

Son declaracións e accións cara a galería para tapar a súa inoperancia e a súa ineptitude; un servilismo e un sucursalismo que ten causado graves prexuízos a Galiza, e esta mesma semana tivemos un claro exemplo votando en contra da transferencia do tráfico, logo de ser solicitada por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego.

09/09/10

A causa da crise

Excelente e claro artigo que nos deixa hoxe Vicenç Navarro sobre a causa da crise. Todo se reduce a tremenda desigualdade nas rendas: o 1% da poboación pasou de ter o 9% da renda en 1970 a ter o 23% en 2009, e todo grazas a que Reagan e a Thacher a aplicaron nos seus respectivos países, USA e Gran Bretaña, diminución de impostos ás rendas altas, regresividade na progresividade dos impostos, privatizacións dos servizos e empresas públicas, etc, modelo que exportaron urbi et orbi; pola contra, as rendas medias e baixas, que adican a maior parte da renda ao consumo, -non así os ricos, aínda que poida parecer o contrario-, no mesmo período viron diminuido a súa renda, tendo que endebedarse até as cellas para poder manter o nivel de vida.

A solución?: redistribuír a riqueza, isto é, que os que máis teñen paguen máis. A cousa está clara, agora que o Goberno Central non o ve así, e o PP tampouco.

08/09/10

As festas en Galiza

Gracias, Txema, por enviarme esta caricatura.

España dános o alto

Dá igual que a iniciativa do BNG fora aprobada por unanimidade; dá igual que esta a defenderan tres deputados galegos das tres formacións políticas con representación no Parlamento Galego; Dá igual, España, e concretamente o voto en contra do PSOE e a abstención do PP impiden que Galiza poida xestionar Tráfico, o que sería os alicerces dunha policía autonómica.

Non hai dúbida, España é o maior obstáculo para o noso desenvolvemento, e tamén para o desenvolmento das demáis nacións sen estado do Estado Español. España vive parapetada no pasado, e así se queda, afogando a Galiza, Euskadi e Catalunya.

07/09/10

Os medios en galego importan

Equipos de Normalización Lingüística e Olé!!

Estou certo que non se pode xeralizar, pero esta imaxe reflicte a importancia que nalgúns centros de ensino lle dan á normalización lingüística, coa inspección mirando para outro lado. Jesús Vázquez feliz e contento!!

05/09/10

ETA non realizará accións armadas ofensivas

ETA hace saber que ya hace algunos meses tomó la decisión de no llevar a cabo acciones armadas ofensivas.

ETA quiere reiterar el llamamiento a actuar con responsabilidad a los agentes políticos, sociales y sindicales vascos. Para llegar al escenario de un proceso democrático resulta imprescindible dar pasos firmes como Pueblo. Resulta necesario fijar el proceso para dar la Palabra al Pueblo. Porque será cuando los derechos del Pueblo Vasco sean reconocidos y garantizados cuando se abra la puerta de la verdadera solución al conflicto.

Para terminar, queremos hacer un llamamiento al conjunto de los ciudadanos vascos para que se impliquen y continúen la lucha. Cada cual en su propio ámbito, ofrecido cada uno su nivel de compromiso, para que con la riada compuesta por las gotas de todos podamos derruir el muro de la negación y dar pasos irreversibles en el camino de la libertad.

¡VIVA EL PAIS VASCO LIBRE! ¡VIVA EL PAIS VASCO SOCIALISTA!
¡HASTA CONSEGUIR LA INDEPENDENCIA Y EL SOCIALISMO
Comunicado de ETA

Canto tempo tardarán en dicir en España que é un tregua trampa? Hábrense as apostas!

Ginzo de Limia

Segundo a Wikipedia: "Ginzo de Limia1 2 (en gallego y oficialmente Xinzo de Limia) es un municipio de la provincia de Orense en Galicia, España."

Se oficialmente é Xinzo de Limia, porque introducen unha entrada con Ginzo? Coido que teríamos que cambiarlle o nome no canto de Wikipedia, deberíamos chamar Wikifacha; é máis atinado.

03/09/10

A Xunta está queimando libros

"A Xunta está a facer a maior queima de libros desde o franquismo"
Ermitas Valencia, Concelleira do BNG en A Coruña

E iso que, segundo Manolo Rivas, os libros arden mal.

50 anos de embargo a Cuba e suma e segue

Barack Obama, o Presidente do “Yes, we can”, prorroga por un ano máis, até 2011, o embargo económico que ten Estados Unidos contra Cuba. Van alá 50 anos de embargo económico, e outras tantas resolucións da ONU en contra deste, só apoiadas por Estados Unidos, Israel -como non-, e algún país exótico como Palaos.

Cal é o delito de Cuba para ser castigada de semellante xeito? Simplemente existir, e facelo con dignidade, sen someterse aos caprichos do imperio.

Despois de 50 anos Cuba segue resistindo, malia as dificultades que supón ter cortadas as importacións e exportacións co país máis próximo, que non é outro que Estados Unidos. Para os que din que Cuba está mal, obviando as consecuencias de 50 anos de embargo, só unha pregunta: como estaría Galiza se non puidera importar nin exportar ningún produto coa UE?

02/09/10

Negar a evidencia

O vídeo que podedes ver a continuación ten máis de dous anos, pero é unha mostra palpábel de que se pilla antes a un (unha, neste caso) mentiroso que a un coxo.



Sinceramente prodúceme certo cabreo, indignación, noxo... non sei, ... escoitar un discurso tan zafio, tan falto de argumentos, tan estereotipado...: os bos e os malos, o futuro e o pasado... PP e PSOE as dúas caras da mesma moeda. O Polo Norte e o Polo Sur tamén se repelen son en teoría opostos, sin embargo nos dous hai xeo e moi pouca vida; pola contra, no medio hai un inmenso mundo rico e diverso.