Reflexións galegas e en galego

29/07/10

Lástima de bois!

As touradas son un espectáculo lucrativo noxento onde se tortura até a morte a un animal indefenso, que só en rarísimas ocasións sae vivo da praza.

Canarias foi a primeira que prohibiu os espectáculos onde se torturaban e matan animais, entre eles as touradas, e nada pasou. A continuación chegou Catalunya, prohibiu tamén as touradas, e armouse o belén, porque boa parte do PP e do PSOE ven un atentando contra a cultura españolista, e sobre todo porque se trata de Catalunya, cuxa confrontación lles resulta rendíbel noutras latitudes do Estado Español.

Se as touradas son un espectáculo cruel e sanguinario, tamén o son as pelexas de cans, e estas están prohibidas. Daquela, por que non se prohiben? Para min a resposta é moi sinxela, o Estado Español, España, no actual contexto globalizado, no que cedeu boa parte das súas competencias exclusivas máis importantes para poderen pertencer ás estruturas supranacionais (UE), perdeu parte da súa identidade e dos seus símbolos, por iso se resiste a perder as touradas, universalmente recoñecidas como inequivocamente españolas. Por iso Rajoy, Mayor Oreja, Pepiño Blanco (pobre colonizado) e mesmo Gaspar Llamazares de Izquierda Unida, están de acordo en preservar a tortura e morte do touro de lidia, apelando á liberdade individual como único argumento para manter unha “festa” especialmente repulsiva e sanguiñenta.

27/07/10

A mosca Paul facendo a predicción para as próximas eleccións xerais

25/07/10

Hoxe é o Día da Patria Galega

22/07/10

125 anos con Rosalía: De Adina a Bonaval

Unha escolma dos mellores momentos da homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle deu á nosa poeta nacional, Rosalía de Castro. O vídeo foi elaborado pola revista Terra e Tempo.



A estupidez humana

Eu pensei que xa o tiña visto todo, pero sempre hai quen te sorprende. O Alcalde de O Carballiño, o socialista Carlos Montes, desprazouse a Alemaña para agasallarlle unha placa ao polbo Paul por ser "amigo predilecto" desta vila ourensá, logo de acertar quen ía gañar o mundial.

Polo que se ve, e recordando ao anuncio aquel, a partires de agora, algúns xa citarán o polbo como animal de compañía.

Por certo, é ben curioso que La Voz de Galicia, fonte desta noticia, non cuestione o custe que tivo o desprazamento, así como os agasallos a tan insigne animal por parte do alcalde.

20/07/10

Acomplexados

A Consellaría de Cultura paga 9.000 a Discovery Channel para unha reportaxe na que inclúen unha misa flamenca na igrexa de San Francisco en Santiago. O gosto polo flamenco nas sucursais de ambos partidos estatais non é nova. No inicio da lexislatura pasada, a do bipartito, Dolores Villarino, que daquela era Presidenta do Parlamento Galego, ocorréuselle a “marabillosa” idea de versionar o noso himno con cante “hondo”. Isto non o farían se non foran uns acomplexados!

19/07/10

O Tío Sam pecha 73 mil blogs


As autoridades americanas pecharon 73.000 blogs. Se chega a ser Chávez, o Presidente de Venezuela, correrían ríos de tinto, a acusaríano de violar o dereito á expresión de miles de persoas, un atentado á democracia, etc. Como foi o Tío Sam, nada se di.

16/07/10

Efectos especiais no PIB

Vaia por diante que non son economista, pero a noticia que sae hoxe na web de Expansión deixoume un pouco preocupado. Segundo parece o Goberno Central mudará proximamente o xeito de calcular o dato do PIB estatal, incorporando datos das “actividades delitivas como o narcotráfico e a prostitución”. Iso non é maquillar as contas como o fixo Grecia?

Segundo a Galipedia o “Produto Interior Bruto ou PIB é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano)”, e trátase da “macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía”.

Por desgraza os movementos do crime organizado son importantes cuatitativamente falando, agora que, estes non pagan impostos, non contribúen á riqueza de todos e todas, mais ben ao contrario, todas esas actividades fannos máis pobres a todos, xa que os impostos que eles non pagan pagámolos entre todos, alén que, como no caso da prostitución, no que se explota sexualmente ás mulleres, sendo un crime especialmente repugnante.

E quédase tan ancho

Voy a hablar por mí mismo. Yo no sé como voy a cuadrar los presupuestos del año 2011. Y no lo sé porque los ingresos y la reducción de la capacidad de endeudamiento, sumados, no dan para atender los gastos. Esto no ocurre todos los años. Al contrario. Todos los años discutimos cuánto podía subir el presupuesto. Pero el año pasado discutimos cuánto debía bajar y este año ya estamos en otro escenario y es que con el dinero que tenemos no vamos a poder atender los servicios públicos
Dixo o gran Feijoo, o que ía empezar a revolucionar Galiza, na que ía haber traballo para todos e todas. Xa se ve que é todo propaganda.

Rosalía, sempre viva!

En 1891, Rosalía de Castro foi enterrada en 1891 no Panteón de Galegos Ilustres, sen honras oficiais nin eclesiástica algunha, só co pobo detrás. Hoxe, 125 anos despois da súa morte, oficialmente nada se sabe de homenaxes nin outros festexos. Mais tanto daquela como entón, o pobo galego, -Galiza-, musa da súa eterna obra, estivo á altura das circunstancias e brindoulle unha emotiva homenaxe como recordo poucas, e como Rosalía se merece.

Os que percorremos as rúas, ás mesmas que percorreu o cortexo fúnebre de 1891, non festexabamos o trunfo de ningunha xesta deportiva, recordabamos e festexabamos á nosa poeta nacional, á nosa estrela, á nosa guía.

E os ignorantes, e férridos, e duros, imbéciles e escuros, que non te(nos) entenden, non, xa poden pechala entre catro paredes, pero non hai cancela que poida pechar o amor que lle temos a Rosalía, un amor que lle espetaremos nos fociños cada vez que lle fagan mal a Galiza, que é como se llo fixeran a Rosalía.

15/07/10

Jorquera ao PSOE: "Convertéronse aos dogmas da dereita económica"

Con este poema descubrín a Rosalía de Castro

   Eran craro-los días,
risoña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.

   Íñase á mañecida,
tornaba coa serán...;
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.

   Tomóu un día leve
camiño do areal...
Como naide a esperaba,
ela non tornóu máis.

   Ó cabo dos tres días,
botóuna fora o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.

Follas Novas, Rosalía de Castro

125 anos máis con Rosalía

14/07/10

30 anos de deterioro dos dereitos laborais

Déixovos aquí un interesante documento que me chegou por correo electrónico coas distintas reformas laborais que houbo desde 1980 até 2010. 30 anos de deterioro dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras que PSOE e PP levaron adiante impunemente, e sen que lle tivera custe electoral algún no intre de aprobar estas reformas.
30 anos de Reformas Laborais no Estado Español
Este é o documento orixinal que me pasou Txema -gracias-, e este é a miña versión en formato PDF, ao que lle engadín uns "logotipos" que coido é importante destacar.

13/07/10

O PP tómanos por tontos

A Xunta ven de presentar unha campaña de apoio ao leite galego. Como cabería supoñer hai un erro, xa que “leite” en galego é masculino. Mais se vos fixades está ben, o que pon realmente é “gallega” no canto de “galego” como debería ser.

Un vez máis o PP non só despreza o noso idioma senón que nos toma por tontos e tontas.

Non todo é España

Máis da metade dos xogadores da Seleccións Española xogan no Barcelona, e dous deles non dubidaron en celebrar a vitoria tamén ca súa bandeira: a senyera.

09/07/10

As caixas aos pés de Botín

O Goberno Central do PSOE aprobará hoxe un Decreto Lei para reformar a LORCA, norma pola que se regulan as caixas de aforros. Este Decreto Lei terá que ser ratificado polo Congreso e o Goberno xa conta co apoio explícito do PP, que semella que, cando estamos a falar de cartos, ambos os dous están de acordo.

A reforma supón a liquidación das caixas de aforro como entes financeiros públicos. Permitirá a que os bancos entren até a cociña nas caixas mediante as cotas participativas con dereitos políticos, isto é, con dereito a voz e voto. Ao mesmo tempo liquida a presenza de políticos, ou como di La Voz de Galicia, "saca a los políticos de sus consejos", a única representación dos cidadáns nos consellos de administración das caixas.

En resumidas contas, en canto se aprobe o decreto lei, as caixas de aforro deixarán de ser de todos para seren dos mercados financeiros. Xa dixen en algunha ocasión que o sector financeiro ten unha falta de liquidez e de solvencia que os está afogando, e logo de esprimir aos gobernos, agora van polas caixas.

En resumidas contas, o PSOE está a facer coas caixas o que fixo no seu momento coa banca pública estatal: privatizar.

Manifestacións? Non...

Ten razón Txema no seu correo que me enviou: a xente que saíu á rúa estes días por mor dos éxistos da selección española non o fixo cando están en xogo os seus dereitos laborais, cando está en xogo o seu sustento. Mais, tendo en conta a asistencia ás manifestacións que houbo en contra das medidas impulsadas polo PSOE (conxelación de soldos, de pensións, reforma laboral...), mesmo se podería dicir que o Goberno ten as mans libres para facer o que lle pete e seguir adiante coas súas reformas neoliberais. Total mentres gañe a “Roja” e Nadal, non hai problema.

05/07/10

As Fachescolas

En Sanlúcar la Mayor, provincia de Sevilla, puxeron en marcha unha “fachescola” onde os máis cativos, os nenos, poderán aprender a desfilar marcialmente a ritmo de música militar e suxeitando a correspondente bandeira española; mentres as cativas, as nenas, fan o propio, pero vestidas de enfermeiras. Todo moi acorde aos roles sociais nos que serán educados os nenos e as nenas, máis propio da escola machista da ditadura que dunha escola que xa leva máis de 30 anos en democracia.

Se non fora porque o vídeo corresponde ao peche do curso 2009/2010 calquera pensaría que estaríamos na época da ditadura, cando o “Espírtu Nacional” era ensinanza obrigatoria nas escolas do réxime. Está claro, a transición española aínda é unha signatura pendente, que tampouco será recuperábel en setembro, polo menos deste ano.

02/07/10

125 anos con Rosalía

Tes un blog? o día 15 de xullo, data na que se conmemora o 125 aniversario da morte de Rosalía de Castro, colga un dos seus poemas no teu blog, o que máis che guste. Colaboremos todos e todas a espallar a obra poética da nosa poeta nacional.

E se non tes un blog, podes asistir ao acto cívico reivindicativo que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega para conmemorar esta data tan importante para todos os galegos e galegas.

Racismo español

Para que andar con voltas, isto é racismo, español. Así ven os españois a Paraguai, próximo rival da Seleccións Española no Mundial de Fútbol.

E non é a primeira vez que esta cadea que humillan publicamente á xente, e non é a primeira vez que os mesetarios insultan a pobos como o galego.