Non calla! Hai algo na bandeira do Estado Español que xera tal rexeitamento, consciente ou inconsciente, que nestas latitudes, ante un evento da magnitude mediática como é o campeonato do mundo de fútbo, onde o chovinismo se exhibe até na sopa, non chega a ser masivo como ocorre, por exemplo, en Portugal, Brasil ou calquera outro país normal.
Na miña opinión, que en Galiza, Euskadi, Catalunya, e se cadra tamén en moitas outras rexión do Estado, non haxa tal exhibición de patriotismo español se deba ás cores da badeira española, herdada, como tantas outras cousas, do fascismo franquista, responsábel de miles de mortes e represaliados.
Aínda que lle sacaran a aguia fascista e lle puxeran un escudo, as cores da bandeira española -rojo y güalda-, non logra penetrar nas almas, e si o fai, é nas xeracións máis novas, que a duras penas teñen algún coñecemento histórico sobre o ocorrido hai 70 anos, e a ditadura que veu despois.
Dise que a Transición española foi exemplar, e sen embargo, na miña opinión, foi tal esperpento que 30 anos máis tarde nada mudou nas Estruturas do Estado, xa que seguen a mandar os de sempre, e así temos resolucións xudiciais como a dos Estatut, que conculca a vontade do pobo catalán e nome de no sei que indivisíbel unidade.
Unha Transición exemplar nunca admitiría como símbolo unha bandeira manchada de sangue. Do mesmo xeito que os alemáns, após a 2ª Guerra Mundial, tampouco aceptaron a bandeira nazi.