Reflexións galegas e en galego

30/04/10

Frases para a historia

8 de xaneiro de 2009
«No llegaremos a los cuatro millones de parados de ninguna de las maneras»
Celestino Corbacho, Ministro de Traballo

30 de abril de 2010
O Goberno descarta que o paro chegue aos 5 millóns

Estas frases recórdanme aos titulares da prensa deportiva cando falan da selección española de algo, sobre todod e fútbol: "somos os mellores", "non temos rival", "vamos a ganar"...

En mans dos deuses de Wall Street

Nestes días estase a escribir o guión da traxedia grega con recortes dos salarios públicos (equivalente a dous meses de soldo), baixada das pensións, retardo na idade de xubilación, aumento do IVE até o 25% e aumento dos impostos especiais do tabaco e gasolina. Este é o guión do UE e do FMI, que son os que dan a cara, pero en realidade os que ordenan son outros, que gobernan na sombra.

Déixovos a continuación a ligazón dun blog sobre economía que miro a miúdo. No artigo vaticina un futuro inquietante, por non dicir arrepiante, sobre o futuro inmediato que se cerne sobre a economía europea e mundial. Os bancos, o sector financeiro, necesita cartos a esgalla. Non foi suficiente o que lle inxectaron os bancos centrais no 2008, e que utilizaron para seguir especulando con produtos financeiros complexos e ca débeda soberana dos países, das que son os máximos posuidores, agora queren máis e máis, e non pararán até poñernos de xeonllos, como xa puxeron a Grecia.

Cada un ao seu

A prensa sempre destaca os líos na casa do BNG. Sen embargo, moi poucas veces se destaca co mesmo matiz as disensións na casa PSOE. Vexamos...

Hoxe, sobre a cuestión da fusión das caixas galegas tiven oportunidade de oír a destacados persoeiros deste partido e as opinións eran ben diferentes. Losada, o Alcalde de A Coruña, quere fusión, pero que manda Caixa Galicia; Orozco, o Alcalde de Lugo, idem; Abel Caballero, o Alcalde de Vigo, di que Caixa Nova papouse a Caixa Galicia; Moreda, Presidente da Deputación de A Coruña e Vicepresidente Primeiro de Caixa Galicia, dixo que Gayoso, o mandamáis de Caixa Nova, e que quere seguir mangoneado, dixo que este non pode seguir chataxeando a Galicia. E Pachi?, pois Pachi, de estar en contra da fusión, agora apremia a Feijoo para que a faga canto antes.

No mes de xuño, o PSOE celebra a súa Ponencia Política. Unha das áreas de discusión é “Unha Galicia de seu“. Eu propóñolles que cambien o nome a esta área, que a titulen “Galicia: cada un ao seu”. Coido que é máis acaído.

26/04/10

Demagoxia de baixo custe político

Onte saían en El País unhas declaracións de Pachi Vázquez, nas que reclamaba ás súas bases que saíran á rúa a defender a lingua. Non dubido da sensibilidade que teñen as bases socialistas co idioma galego, mais os cargos non reflicten ese mesmo sentimento.

E porque digo isto? Pois porque o 9 de marzo, os deputados e deputadas do PSOE con representación na Mesa do Parlamento Galego rexeitaron a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular que presentou a plataforma Queremos Galego, uníndose destes xeito ao PP, -que non lle facían falta apoios, todo hai que dicilo, xa que o PP ten a maioría absoluta-. A Iniciativa só contou cos votos favorábeis do BNG.

Esta é demagoxia tan habitual do PSOE, que di unha cousa e fai a contraria, sen que iso lle supoña custe político de ningún tipo.

23/04/10

Evo Morales e a homosexualidade

O que dixo realmente Evo Morales: "El pollo que comemos está cargado de hormonas femeninas. Por eso, cuando los hombres comen esos pollos, tienen desviaciones en su ser como hombres". Dedúcese entón que dixo que comer polo fai homosexuais? Non.



E o que dixeron algúns medios que pasan por ser de esquerdas.

Visto no blog de Carlos Callón.

22/04/10

A experiencia Book

Book: o gadget de moda deste verán.Imprescindíbel!!

Onde digo digo, digo diego!

Y que la amnistía es un acto excepcional, justificado por la razón de Estado y por la necesidad de hacer borrón y cuenta nueva de acontecimientos tan cruentos y dolorosos para un pueblo como es una guerra civil -una guerra entre hermanos- y una larga dictadura.
La España democrática debe, desde ahora, mirar hacia adelante, olvidar las responsabilidades y los hechos de la guerra civil, hacer abstracción de los cuarenta años de dictadura. La mirada hacia el pasado sólo debe tener como propósito la reflexión sobre las causas de la catástrofe y la forma de impedir su repetición. Un pueblo ni puede ni debe carecer de memoria histórica; pero ésta debe servirle para alimentar proyectos pacíficos de convivencia hacia el futuro y no para nutrir rencores hacia el pasado.

"Amnistía al fin" foi unha das editoriais de El País publicada en 1977, após a aprobación da Lei de Amnistía que deixaba impunes os crimes da Ditadura. Hoxe defende a Garzón por querer levar perante a xustiza a altos cargos do Franquismo. Pero non quedamos que había que pasar páxina?

21/04/10

Asi funciona o mundo


Da recomendada película "Network. Un mundo implacábel".

O disputado voto do emigrante

Quen reside decide. Para min está claro, eses son é o límite do voto en cada proceso electoral. Non pode ser que persoas que levan 50 anos fóra de Galiza, ou os seus descendentes que nunca a pisaron nin para vir de vacacións, decidan o noso futuro, chegando mesmo a condicionar o goberno galego e tamén os municipais.

Hai unhas semanas PP e PSOE, contando cos apoios de BNG, CiUe PNV, pretendían modificar a lexislación electoral no sentido de que os emigrantes só puideran votar nas eleccións xerais e en urna. Mais dun tempo a esta parte, o PSOE mudou aquel pre-acordo que había e agora queren levar o voto tamén ás eleccións autonómicas.

Está claro que o que move ao PSOE non é o interese polo benestar do emigrante, non!, o interese que ten é o rendemento que saca do voto dos emigrantes, que o levan a ser o partido máis beneficiado do voto emigrante. Sen ir máis lonxe, nas pasadas eleccións galegas, supúxolle un escano máis en detrimento do PP.

Quen reside decide!.

19/04/10

Para que logo digan que non fai nada

16/04/10

Querido Emilio...

Imaxinemos que un político calquera dirixe unha carta a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander, para solicitarlle financiamento para un curso en New York. Este político ten nas súas mans a concesión dunha licenza ou a recalificación dun terreo do tal Emilio. O político consegue o financiamento, e Emilio a licenza. Que pasaría? Que o político sería crucificado na praza mediática que está máis lonxe do seu partido, sen posibilidade de defenderse.

Pois así empeza a carta que dirixiu Baltasar Garzón a Emilio Botín na procura de financiamento para un curso en New York. Á volta, o xuíz inhíbese na causa aberta contra o Banco do que é presidente Emilio.

Coincidencia? Pode ser. Pero se no primeiro caso hai fundadas sospeitas de que hai algo raro polo medio, porque non as habería no segundo?

Con todo, Baltasar Garzón terá un xuízo e poderá defenderse, o político non.

14/04/10

Caixa Nova vende do 35% de R

Nun contexto de crise económica, alguén no seu san xuízo vendería unha empresa que dá beneficios? Coido que non. Caixa Nova si. A única explicación que ten é que quere facer caixa para sacar peito nas negociacións con Caixa Galicia. Non ten outro sentido.

Desde logo este non é o exemplo de caixas que necesita Galiza, que vende as “xoias da coroa” a capital estranxeiro, mentres o Goberno Galego mira para outro lado; un Goberno que debería ser máis activo e máis intervencionista no funcionamento das caixas para evitar cousas como estas. Poder si podería, outra cousa é que queira intervir.

Outro rumbo para as caixas de aforro non só é posíbel senón necesario.

Outro terremoto

Chamádeme paranoico ou que queirades, pero algo raro está a pasar. Desde que se iniciou 2010, e en apenas 4 meses, levamos unha morea de terremotos, con maiores ou menores consecuencias. Haití, California, Indonesia, Chile, Taiwan... e agora China. Xa sei, as capas tectónicas están en constante movemento, que hai tremores todos os días, pero coido que nunca tantos alcanzaron tanta notoriedade en tan pouco tempo.

12/04/10

E agora que?

Hoxe absolveron aos directivos do xornal Egunkaria, acusados de pertencer a ETA. O xornal, o único escrito integramente en euskera, xa non está, pechouno o xuíz Del Olmo hai 7 anos.

Non é o único caso: en 1998 o xuíz Garzón pecha Egin, acusado de formar parte do entramado financeiro de ETA; meses máis tarde, nunha instrución do caso cheo de irregularidades, o xuíz Garzón levanta o peche, pero a editorial cae en bancarrota. O mal xa estaba feito.

A xustiza no Estado Español actúa a capricho dos dous grandes partidos. Neste contexto é habitual, por desgraza, o xurdimento de xuíces mediáticos, xuíces estrela, super-xuíces, que fan interpretacións das leis en función do número de titulares que poidan acadar nos medios de comunicación para agradar ao poder político, que trasladan a un dos piares básicos do estado de dereito, o da xustiza, a súa particular loita polo poder. E neste contexto se explica a probábel inhabilitación de Garzón, nunha das poucas cousas boas que fixo, que é o de levar perante a xustiza aos altos cargos do Franquismo. Pero algo está podre no ordenamento xurídico do Estado cando case 40 despois da morte de Franco isto segue a ser unha cuestión pendente.

E agora que? Pois agora nada. Obxectivo cumprido, o xornal está pechado, un paso máis na demolición controlada do Movemento de Liberación Vasco de Euskadi.

Déixovos cun vídeo que atopei dunha rolda de prensa da plataforma 18/98+, que coido moi acaído para o momento. Refírense ao caso concreto que trata de vincular as actividades de empresas e diversas organizacións políticas e sociais abertzales de Euskadi con ETA, pero coido que se pode estrapolar ao caso Egunkaria.


Píllase antes a un mentiroso que a un coxo

En Galiza, e concretamente en Ferrolterra, seguimos clamando por unha inxustiza que desde a entrada do Estado Español na Unión Europea lastra o noso futuro económico. Se estamos nunha economía de libre mercado, que impide que ASTANO poida adicarse á construción civil? Pois é unha das esixencias que o estado tivo que cumprir para entrar na UE. Daquela non é tan libre o mercado, non si?

Recentemente houbo unha grande manifestación en Ferrol convocada pola plataforma Rumbo21 demandando o retorno á construción civil deste estaleiro. Os mesmos que daquela negociaron este castigo sobre a industria naval galega apresuráronse a dicir que xa estaban negociando, pero que ía ser difícil. Declaracións para a galería, off course!, xa que o BNG descobre que o Estado Español nin sequera lle preguntou á UE a posibilidade do levantamento do veto a ASTANO.

Con estes enganos, incluídos os sucesivos plans Ferrol que PP e PSOE puxeron en marcha para afundir aínda máis os ánimos dos galegos e galegas, só falta que un día, algún iluminado da extrema dereita diga aquelo de que “con Franco vivíase mellor” para darlle a puntilla definitiva a unha comarca aburrida. Mais de momento aínda hai quen non se resigna.

09/04/10

O PP leva unha vez máis nos fuciños

Se as multitudinarias manifestacións a prol da lingua galega convocadas pola Plataforma Queremos Galego sería motivo suficiente para tirar ao lixo o decreto do galego que quere impoñer o PP, agora ten un novo aviso que tampouco debería esquecer este partido, furibundamente anti-galego. O mércores, o Consello Escolar de Galiza tiroulle aos fuciños o tan denostado decreto contra o galego.

Estas serían razóns máis que suficientes para facer entrar en razón a calquera goberno cun mínimo de sensibilidade democrática e por suposto de País. Pero o PP “is diferent”, é como un touro -como diría Jesulín de Ubrique- e imporá un decreto que non quere ninguén, porque o partido de Feijoo quere arrasar Galiza e que non quede nada do que nos diferencia e nos define do resto dos pobos: o idioma.

De todos os xeitos, a cuestión da lingua foi unha das bandeiras que enarborou o PP para gañar as eleccións de 2009, pero esta mesma cuestión tamén pode ser o que devolva ao seu sitio, é dicir, á oposición.

08/04/10

Por que Garzón é agora o malo?

Os progres están en pé de guerra pola máis que previsíbel inhabilitación de Garzón. Dentro da enxurrada mediática só se desprende que os malos, a ultra-dereita, quere acabar co xuíz que quixo investigar os crimes da ditadura. Efectivamente, a priori iso é incompresíbel, inaudito e é lóxico que haxa campañas e manifestos a favor do xuíz.

Mais dentro dun estado de dereito que se prece hai que repectar as leis, e un xuíz, mesmo Garzón, por moi boas intencións que teña, ten que ser extremadamente escrupuloso con esta cuestión. Garzón non o foi e por iso está sentado no banquiño.

Para termos as ideas claras sobre o caso Garzón, recomendo encarecidamente a leitura do seguinte artigo: Por que Garzón é agora o malo?. O super-zuíz pode ter moi boas intencións, pero a vaidade púidolle máis.

07/04/10

Parados e funcionarios

O paro segue ascendendo paseniñamente. Nen sequera o efecto Xacobeo é capaz de frear o paro en Galiza. Segundo os datos oficiais hai hai 4.166.000 parados rexistrados nas oficinas de emprego de todo o Estado. Destes algo máis 3 millóns de persoas perciben algún tipo de prestación por desemprego, unha cifra que iguala, e nos próximos meses seguro que supera, ao número de funcionarios de todas as administracións públicas do Estado.

O dato pode ser anecdótico mais coido que é a primeira vez que isto sucede, e non te pinta de que vaia mudar a curto prazo, sobre todo porque o Goberno Central non só recortou a creación do número de prazas de funcionario, senón que está a preparar a prexubilación de 2.000 funcionarios. Sen embargo, os grandes medios de comunicación andan máis liados coa trama Gürtel que co paro, malia que afecta a máis de 4 millóns de persoas, o equivalente á poboación de Galiza e da Comunicade Autónoma de Aragón.

05/04/10

Predicar co exemplo

Di Pachi Vázquez nunha entrevista que lle fixeron en El País o domingo pasado que a Lei de Caixas impulsada polo BNG politizaba as caixas. Daquela que fai de Vicepresidente de Caixa Galicia Salvador Fernández Moreda, membro da Executiva do PSOE, Presidente da Deputación de A Coruña? E Mar Barcón...? como argumento, o da despolitización das caixas é tan válido como calquera outro, pero hai que predicar co exemplo, que dimitan xa dos seus cargos políticos ou dos de Caixa Galicia; que elixan!

02/04/10

Recordando a morte de Kennedy

Acordaredes da película JFK, que dirixiu Oliver Stone sobre o asasinato de Kennedy. Kevin Costner era o seu proganista, que encarnaba ao fiscal Jim Garrison, o único que até o de agora levou o magnicidio de Kennedy aos tribunais.

Aquí vos deixo a intervención deste señor nunha televisión americana explicando o complot para matar a Kennedy. Certamente, é un documento moi interesante. Desfrutádeo!

e parte.

01/04/10

Preparádevos...

Desvelamos o que se esconde detrás da campaña do PSOE