Reflexións galegas e en galego

30/01/10

Eu quero que se fusionen Caixa Nova e Caixa Galicia!

As caixas de aforro pode e deben cumprir unha función fundamental na economía de Galicia.

Son entidades de carácter semipúblico e que concentran máis da metade do aforro das galegas e dos galegos.

O que está en xogo no actual debate sobre o seu futuro é nin máis nin menos que cara a onde se vai dirixir ese aforro. Se a financiar o desenvolvemento económico de Galicia ou o doutros territorios do Estado.

O Goberno Central do PSOE tomou no seu día a decisión, apoiada polo PP, de proceder a unha redución no número de caixas. Para iso se aprobou o FROB.

O FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria), aprobado cos votos do PSOE e do PP, busca a eliminación das caixas de aforro das distintas comunidades autónomas para seren finalmente bancarizadas, isto é, privatizadas e absorbidas polos grandes bancos estatais.

Así é o Goberno Español o que abre a vía de que as caixas galegas podan ser absorbidas por caixas de fóra de Galicia.

O FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria), aprobado cos votos do PSOE e do PP, busca a eliminación das caixas de aforro das distintas comunidades autónomas para seren finalmente bancarizadas, isto é, privatizadas e absorbidas polos grandes bancos estatais.

Esta reestruturación ten que levarse a cabo antes do mes de xuño e o Goberno Central do PSOE ameaza con recorrer a Lei de Caixas, impulsada polo BNG e aprobada polo Parlamento Galego, o que paralizaría calquera posibilidade de fusión entre Caixa Nova e Caixa Galicia, deixando ás caixas galegas nunha posición moi feble para facerlle fronte a un FROB ideado para reducir o número de caixas de aforro.

Unha de dúas: ou se está pola fusión de Caixa Nova e Caixa Galicia ou se está co deseño elaborado polos grandes banco en conivencia cos principais partidos políticos estatais. Eu se está con Galicia ou se traizoa a Galicia.

Por estes motivos, eu quero que se fusionen Caixa Nova e Caixa Galicia. E ti?

Tes un blog ou páxina web. Pega o seguinte código:


<a href="http://www.facebook.com/group.php?gid=189114164956" target="_blank" title="Eu quero que se fusionen Caixa Nova e Caixa Galicia!"><img border="0" height="51" src="http://1.bp.blogspot.com/_mV_VDtC0BEg/S2SVLMh2slI/
AAAAAAAAAYM/SzvdaL_lqIQ/s400/banner2.jpg" width="400" /></a>



Compárteo

29/01/10

21-Xaneiro. En algún lugar de San Caetano


Compárteo

A cousa está fodida

Caixa Nova e Caixa Galicia malia as reticencias iniciais empezan a renovar os seus órganos de goberno consonte a Lei de Caixas aprobada en decembro. Aínda que o proceso se está facendo a marchas forzadas, pode verse freado en seco se o Goberno Central do PSOE presenta un recurso contra a lei. O PSOE galego, segundo algunhas informacións, di que o 5 de febreiro podería ser o día no que, unha vez máis, un goberno socialista recorre contra unha lei aprobada no Parlamento de Galiza; recordemos que a primeira lei foi a da Normalización Lingüística (curioso, o PSOE sempre enliado a ca lingua, a disposición adicional primeira, apartado 2 da lei de Caixas di o seguinte “As caixas de aforros galegas e as que operen en Galicia deberán ofrecerlles aos seus clientes, no ámbito da comunidade autónoma, a posibilidade de formalizar contratos e recibir as comunicacións periódicas que deban realizarlles en galego”).

Se o Goberno Central do PSOE presenta un recurso paralizaríase todo o proceso, e o que é peor, que as caixas non chegarían a tempo para presentar un proxecto formal de fusión, tal e como ordena o FROB, xa que este ten que presentar antes do mes de xuño, quedando, polo tanto, ambas entidades desprotexidas ante as acometidas de a CajaMadrid de Rodrigo Rato ou La Caixa, as dúas grandes caixas estatais. Se isto ocorre, os aforros dos galegos irán para Madrid ou Barcelona, e non se investirían nin en Vigo nin en ningún sitio como pretenden moitos vigueses e os galegos de boa fe, investiríanse no Centro, coma sempre.
Compárteo

28/01/10

O PSOE cárgase de gloria (2ª parte)

Mañá outro regaliño do Goberno Central do PSOE (xubilacións
"sostíbeis" máis alá dos 65 anos, contrato aleman etc)
http://bit.ly/b0y9f0 e se cadra os galegos temos outro a maiores en
forma de recurso contra a lei de caixas.

O outro terremoto de Haití que non che contan os medios


Compárteo

O PSOE cárgase de gloria

Os pensionistas e asalariados, este mes teñen unha sorpresa cando cobre os seus respectivos salrios: verán como as súas nóminas no canto de subir, baixan. Isto é debido á supresión dos famosos 400 € que urbi et orbi repartiu o goberno central para compensar o azoute da crise, mais, en 2010, cando esta se deixará sentir con máis virulencia, non só quitan estes +/- 400 €,, restando poder adquisitivo, senón que a mediados de ano teremos unha subida do IVE, e polo tanto dos prezos todos os produtos. Para máis INRI, co IPC polo chan, a meirande parte dos salarios e das pensións non se verán incrementados, e se o fan, farano nunha cifra insignificante, cando, a realidade dos feito é que, malia que o IPC estea apenas unhas décimas sobre 0, a percepción é de que todo está igual de caro que hai un ano, cando IPC era máis elevado.

Non serei eu que n defenda unha economía de hiper-consumismo, pero se a xente non ten poder adquisitivo para poder comprar as empresas non venden, e se etas non venden, botarán cada vez máis traballadores á rúa.
Compárteo

27/01/10

Todos a unha

Caixa Nova, PSOE e Faro de Vigo convocan unha manifestación
anti-fusión http://bit.ly/9POJ8x

26/01/10

Queremos ser como Castilla-La Mancha?

Esta comunidade autónoma ven de perder as súas caixas de aforro. Das dúas caixas con sede na comunidade, Caja Castilla-La Macha “adxudicoulla” o Banco de España e unha filial de Cajastur e a Caja Guadalajara fusionarase coa andaluza Cajasol, todo contado con beneplácito do Banco de España “off-course” e do PSOE, que goberna nas comunidades afectadas.

A pregunta é se nós queremos o mesmo. Queremos que tarde ou cedo as nosas caixas sexan banco controlados desde Madrid ou queremos unha Caixa de aforros centrada no país, que, como ocorría até o de agora, algunha delas ata ten oficinas en Canarias.

Hoxe o MAFO (Miguel Ángel Fernández Ordóñez), Gobernado do Banco de España, estará en Vigo, pasando logo por Santiago, para “venderlles” as bondades do FROB e a fusión con calquera outra caixa que non sexa calquera das galegas. Mañá falaremos sobre os cantos de serea de MAFO.

Gracias Txema (outra vez) pola ligazón
Compárteo

24/01/10

Recurride pois

PSOE, se tan claro o tedes recurride e deixádevos de tanta ameaza. A ver como llo explicades despois a todos os galegos http://bit.ly/6keVVF

22/01/10

Pita-bull is back

Esta que podedes oír a continuación é a intervención que fixo Jaime Pita Varela na Radio Galega esta mañá, facendo as súas “particulares” interpretacións sobre a manifestación de Queremos Galego. Non teñen desperdicio. Remata a súa intevención comparando a manifestación de Queremos Galego con aquelas “grandes manifestacións de Blas Piñar na Plaza de Oriente”. Impresionante”!


Compárteo

Haití e propaganda

A propaganda en calquera conflito pode ser definitiva na resolución deste. Digo isto porque o mércores no informativos da TVE das 9 da noite, puiden ver como os Marines dos americanos repartían comida en Haití de xeito moi ordenado, contrastando coas imaxes de caos dos días anteriores. E dicir, que tiveron que chegar os americanos para poñer un pouco de orde.

Mais onte descubrín un vídeo -en realidade as imaxes son fixas- no que se pode escoitar a crónica dun xornalista de RNE, Fran Sevilla, desprazado a Haití, que dá unha visión totalmente diferente, de ausencia total de calquera dispositivo de axuda.

As imaxes desde logo daban conta dun reparto moi ordenado, claro que ao mellor ese reparto foi un feito organizado polos USA, premeditado para vender mellor a súa invasión de Haití.

Compárteo

21/01/10

Manifestación histórica

Se todos tiñamos na retina a multitudinaria manifestación de Nunca Máis, aquel mítico 2 de decembro de 2002, hoxe 21 de xaneiro pasará aos anais da historia do noso país como o día no que os galegos e galegas dixemos NON á desaparición do galego, dixemos non á desaparición de Galiza como pobo, e moitos máis serían se a manifestación chega a ser en día non laborábel. Hoxe é o día da DIGNIDADE!

Máis fotos
Compárteo

20/01/10

Unha imaxe que o di todo


Esta imaxe dos Marines tomando a desfeita residencia presidencial deixa ben ás claras a intencións americanas en Haití.
Compárteo

As mans ao pescozo de Haití


Xa dixen non hai moitos días que o terremoto de Haití reduciu a escombros un país xa empobrecido. Desde o día do sismo até hoxe os medios falaron de axuda internacional mais esta non chegaba por ningures. Todo eran dificultades até que chegou o Tío Sam. Dez mil soldados americanos desembarcaron para, e segundo Hillary Clinton estar en Haití “hoxe, mañá e sempre” é dicir, que desembarcaron para nunca máis marchar.

Haití, un país empobrecido como tantos outros polo capitalismo, a colonización e os gobernos corruptos es servís, está nunha situación xeográfica moi desexada para os americanos: Cuba no medio de Haití e Maimi e máis ao sur está Venezuela.

E a comunicade internacional que di? Nada, simplemente patalea, pero aceptarán con resignación o diga Washington, faltaría máis, para algo son os que mandan e os que máis bombas atómicas teñen.
Compárteo

19/01/10

Paremos o decretazo contra o galego


Compárteo

18/01/10

E ti que opinas sobre as fusións das caixas

En reiteradas ocasións expresei a miña opinión favorábel á fusión entre as caixas galegas e cada día que pasa, afiánzase ainda máis se cabe, o covencemento de que na actual conxuntura economica (crise) e a política (o FROB creouse para restruturar o sistema financeiro estatal) as caixas galegas só sobrevivirán con sede en Galiza se hai unha fusión entre ambas as dúas.

A nivel de estado PP e PSOE están ambos de acordo de por onde deben ir os tiros: fusionar as caixas para bancarizalas posteriormente, eliminando calquera vestixio de poder autonómico que poida haber nas entidades financeiras. O curioso é, como xa teño reiterado, que o papel que lle teñen reservado a Galiza é diferente ao de Andalucía, Catalunya, Castilla-León e mesmo Valencia, onde o Banco de España e o poder político (PP e PSOE) son favorábeis a fusión das caixas autonómicas. Mais Galiza is diferent! e por iso desembarcan Ministros, todos eles nacidos no país, abandeirados da desaparición do escaso sector financeiro público galego, saltándose mesmo as competencias exclusivas reflectidas no noso Estatuto de Autonomía, tal e como apuntou hoxe o Ministro Caamaño.

Para min Galiza debe contar cun sector financeiro de seu, e a fusión é a única garantía de que isto sexa así, calquera outra opción levaríanos a desparición das caixas de aforro, que é o fin último que persegue o FROB aprobado polo PSOE e polo PP, para deixar en mans dos bancos o suculento trozo da torta financeira que manexan estas entidades.
Compárteo

Eu falo


Compárteo

Polo seu fanatismo os coñeceredes

Existen males mayores que los que esos pobres de Haiti están sufriendo estos días, ¿no? Nosotros nos lamentamos mucho de los pobres de Haiti pero igual también deberíamos, ademas de poner toda nuestra solidaridad en ayudar a los pobres, nuestros medios económicos, ectétera, también deberíamos de llorar por nosotros, por nuestra pobre situación espiritual, por nuestra concepción materialista de vida, quizá es un mal más grande el que nosotros estamos padeciendo que el que esos inocentes también están sufriendo. José Ignacio Munilla, Bispo de Donostia
En máis dunha ocasión os representantes eclesiásticos no teñen obsequiado con algunha que outra declaración "sonada". Esta é, para min, a máis terríbel dos últimos anos, a feita polo recentemente elixido bispod de Donostia, que non só desembarcou con certa polémica en Euskadi, senón que, despois destas declaracións, fixoo por todo o alto. Malia os desmentidos posteriores, no caben desculpas nen malos entendidos, aquí poderedes oír as súas declaracións orixinais. Xulgade!
Compárteo

15/01/10

Obama, ben vale unha misa?

Excelente artigo de Escolar sobre a futura presenza de Zapatero no “Almorzo Nacional de Oración”, organizado por unha entidade conservadora denominada “The Family” desde hai máis de 50 anos, e á cal asiste o Presidente dos Estados Unidos.
Compárteo

13/01/10

En can fraco todo son pulgas

Haiti é o país máis pobre de América, e hoxe, despois de ser arrasado por un terremoto, pasará á prehistoria.

Haití comparte illa coa República Dominicana, unha illa, A Española, descuberta por Cristóbal Colón en 1492. A súa situación privilexiada faría desta un paraíso, pero a cobiza do home tornouna nun inferno, e agora, máis de 500 anos despois do inicio do calvario, a natureza parece que quere poñer as cousas no seu sitio.

Foi punto de destino da trata de escravos capturados polas potencias coloniais da época (España, Francia, Portugal, Inglaterra, etc). E aínda que foi dos primeiros países en recuperar a independencia de pouco lle serviu porque pasou a ser un títere nas mans das metrópoles coloniais primeiro e de Estados Unidos máis tarde.

Non se trata agora de culpar ás potencias coloniais do século XV nin as do XXI, pero estas deberían sentirse bastante avergoñados de que hoxe Haití estea na máis absoluta das miserias, unha miseria que non só foi provocada non só polo terremoto.
Compárteo

Non queres caldo...

Apreséntovos un debuxo do Carrabouxo que disque foi censurado polo xornal La Región de Ourense. O debuxo e a noticia saqueino do blog de Blas García, que non dubida en publicalo, e eu farei o propio. Onde está esa prensa libre, defensora das liberdades, do pluralismo, etc, etc, etc? Eh?


Compárteo

12/01/10

Xunta do PP : `destroyer’

¿para que existen, e pagamos, responsábeis públicos de educación, profesores e outros membros da comunidade escolar, se os pais poden decidir sobre os contidos, programas e lingua do ensino? ¿Onde opinamos os que non temos fillos ou de que impostos se nos exime? ¿Non é acaso a educación o mínimo mecanismo social igualador, como para rompelo con escollas arbitrarias? ¿Como se fala de igualdade cando dúas linguas están sobreimpostas e a terceira, a nosa, hiperdiminuída? ¿Que superchería é esa que leva a prever unha caricatura do inglés como lingua vehicular? ¿Para que, mesmo sendo posíbel? ¿Para emigrarmos todos aos USA e despois participarmos nas guerras do Imperio?

A precisión milimétrica de Pilar García Negro

Gracias Txema por enviarme o artigo.
Compárteo

07/01/10

Máis necesario que nunca

“Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”



60 anos da morte de Castelao
Compárteo

05/01/10

Caixas e Estatuto

Caja Duero e Caja España fusiónanse, é dicir, a comunidade de Castilla e León contará cunha caixa forte, logo das "veladas ameazas do Banco de España" e do influínte papel do Vicepresidente Económico e do Secretario de Organización do PSOE desta comunidade, que, aquí sí, están a favor da fusión destas caixas.

Como se ve, o do interese do Banco de España e do PSOE nas fusións vai por barrios. Por que no caso galego tanto o Banco de España como o PSOE non queren a fusión? será porque non queren que Galiza teña caixas de aforro?

Deixando o tema económico un pouco de lado, imaxinade que o debate fora se Galiza ten dereito a un Estatuto (de Nación, off-course) ou non. Quereríamos un Estatuto propio ou non? esa é a cuestión! Se queremos poder político temos que ter tamén un sector económico de seu.
Compárteo

04/01/10

TDTimo


Non tedes a lixeira impresión de que logo de escoitar e ver a publicidade que nos meten polos ollos as distintas canles de televisión para que nos pasemos ao TDT de que en realidade é un grande timo? Sí, temos máis canles, pero todas teñen máis ou menos o mesmo, ou, no peor dos casos, están especializados en música ou debuxos animados e fóra diso non hai nada máis. Din que é a televisión do futuro, pero se este é así, mellor facer como din Dios Ke Te Crew, Apaga a tele!
Compárteo