Pachi Vázquez, Secretrario do PSOE galego, dicía onte nunha conferencia no Foro Nueva Economía, que “Hay que explicar que el Estado no puede con todo. Quizás se nos fue la mano".
Se chega a dicir que se lles foi a man coas privatizacións de AENA, co estado de alarma, ca privatización da Lotaría do Estado ou quitándolle os únicos ingresos que teñen os parados de longa duración, seguramente tería un pase, unha desculpa. Pero o que dixo este “socialista” é o estado do benestar é unha carga excesiva para o Estado, que non pode con todo. E quen di isto é un dirixente político que non hai moitas semanas encabezaba unha manifestación a prol da sanidade pública. Que medo dá cando o raposo está ao coidado das galiñas.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


0 Comentarios:
Enviar um comentário