Reflexións galegas e en galego

13/12/10

Outro exemplo máis de manipulación informativa sobre os controladores

O xornal "progre", Público, titula do seguinte xeito unha noticia na súa páxina web: "Un colectivo polémico con nóminas de 12.700 euros al mes". Sen embargo, logo de debullar a nómina durante o resto do artigo, (os pluses, o IRPF, etc), conclúe coa frase seguinte: "En todo caso, las nóminas citadas son parte de la élite porque abundan las de 5.000 euros al mes y un controlador nuevo cobra 2.600 euros netos mensuales". Ten algo que ver o titular con este parágrafo? non. Pois que cada quen saque as súas propias conclusións.

Por certo, se queredes máis manipulación, aderezada cunha sobredose de demagoxia, podedes ver a entrevista que lle fixeron a Cristina Antón no programa "La Noria" de Telecinco (parte 1 e parte 2). Tede un Almax a man.

0 Comentarios: