Reflexións galegas e en galego

20/12/10

Os raposos ao coidado das galiñas

Unha máis e xa perdemos a conta. A Xunta de Galiza acaba de sacar unha campaña chamada "Coida Galicia". Nesta en tres vídeos dan conta das excelencias da nosa terra en distintos puntos de interese turístico e ambiental do noso país: a Fervenza do Toxa, Combarro e Cariño. Este último, segundo se pode ver no título do vídeo chámanlle "Carino", unha nova aldraxe ao noso idioma por parte do Partido Popular, e por desgraza non será a última.

E por certo, preto, moi preto, da fervenza do Toxa pasa a vía do AVE, estragando completamente unha paisaxe única na nosa terra. Iso non sae no vídeo, claro!

0 Comentarios: