Sen precedentes na democracia do Estado: o goberno central, nas mans dos progres do PSOE, estabelece o estado de alarma. Os controladores terán que traballar, obrigatoria e inescusabelmente.
Aquí hai unha clara imprevisión e deixación por parte do goberno central. Os controladores teñen un número de horas de traballo máximas ao ano (1.670, é dicir 37 horas á semana, horas extras incluídas). Este número de horas máximo está regulado no Lei 9/2010 (páxina 13).
Pero hai máis; nesta lei, nas disposición adicional terceira, indícase que que o Estado disporá dos plans de formación necesarios para dotar ao sistema do persoal requerido. Fomento non realizou estes plans, e os controladores xa avisaron en outubro, -a Fomento tamén- que estes plans non se estaban realizando.
Polo que se ve moitos deles xa chegaron a ese máximo de horas, e como Fomento non tiña controladores para substituír e completar os turnos, cambia ONTE as reglas de xogo con este colectivo. Por unha banda, ONTE, privatiza AENA, e por outra banda ONTE cambia o horario dos controladores aéreos aplicando o “Real Decreto 1001/2010, de 5 de agosto, por el que se establecen normas de seguridad aeronáutica en relación con los tiempos de actividad y los requisitos de descanso de los controladores civiles de tránsito aéreo”.
Isto en cristiano implica nas horas máximas de traballo (1.670) non poderán computar as baixas, as horas de formación, etc, é dicir, que se un traballador estivo de baixa unha semana, terá que traballar unha semana, GRATIS.
Esta medida do PSOE ten consecuencias moi graves para o futuro das reivindicacións laborais dos traballadores e traballadoras. A partires de agora todo conflito laboral, por moi lexítimo que este sexa, estará supeditado ao interese xeral, e para garantir isto sácase o exército e estabelécese o estado de alarma.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

3 Comentarios:
Nin no 11 Marzo se decretou o estado de alarma!
Recórdolle que os controladores anteriormente xa traballaban 1.800 horas, a terceira parte como extras e non se queixaban porque cobraban a 180 euros/hora.
Antes do decreto:
Xornada ordinaria legal 1.200 h - extras media 600 -> xornada anual (media) 1800
Despois do decreto:
Xornada ordinaria legal 1.750 h - extras máximo 80 (por suposto pagas)-> xornada anual real máxima +- 1800
Por certo o estado de alarma cumpre a condición de calamide e de paralización dos servizos públicos
Anónimo
Durante o 11M estivo a piques de decretar o Estado de excepción no que tiñan dereito suspender os dereitos constitucionais e a paralización das eleccións, a diferencia de agora que NON se suspende ningún dereito salvo González Pons que cree que sí, aínda que tamén cree que Camps é un santo.
Enviar um comentário