Reflexións galegas e en galego

05/12/10

O estado de alarma é ilegal e inconstitucional

O PSOE decretou o estado de alarma para atallar unha situación excepcional que non está amparada pola lei. Vexamos porqué.

Os motivos polos que se pode estabelecer o estado de alarma descríbense no artigo 4 da Lei 4/1981, que di o seguinte:

O Goberno, en uso das facultades que lle outorga o  artigo 116.2 da Constitución poderá declarar o Estado de Alarma, en todo ou en parte do territorio nacional, cando se produza algunha das seguintes alteracións graves da normalidade:
A. Catástrofes, calamidades ou desgracias públicas, tales como terremotos, inundacións, incendios urbanos e forestais ou accidentes de grande magnitude.
B. Crises sanitarias, tales como epidemias e situacións de contaminación graves.
C. Paralización de servizos públicos esenciais para a comunidade, cando non se garante o disposto nos artículos 28.2 y 37.2 de la Constitución, e concorra algunha das demais circunstancias ou situacións contidas neste artigo.
C. Situacións de desabastecemento de produtos de primeira necesidade.

Exposto o artigo, o Goberno do PSOE só se podería acoller ao apartado C, xa que as outras 3 circunstancias non se dan, pero para decretar o estado de alarma aparándose neste artigo tería que darse ademais, algunha das outras circunstancias (apartados A, B e D), que evidentemente tampouco se dan. Polo tanto, o estado de alarma é ilegal, inconstitucional, pero a quen lle importa xa a Constitución española.

Así as cousas, os expedientes disciplinarios que hoxe anuncia o Ministro de Fomento moito me temo que quedarán en nada, mais o dano irreparábel á clase traballadora xa está dado, e terá consecuencias para o futuro.

3 Comentarios:

andr disse...

- Estado de calamidade a un grande número de persoas

- Paralización dos servizos públicos.

Os dous puntos cúmprense.

Xabier Cid disse...

Efectivamente. A declaración de estado de alarma xustifícaa o goberno polo estado de "calamidade", como podes ler no BOE do sábado.
O que está por ver é se, con arranxo á lei, se pode entender que isto é un estado de "calamidade". Vímolo debatendo nunha nota de Facebook entre uns cantos, por se te queres engadir: http://www.facebook.com/reqs.php#!/notes/xabier-cid/hai-base-legal-pra-un-estado-de-alarma/10150094007389789?notif_t=note_comment

O que en calquera caso non é é "anticonstitucional" ou "inconstitucional". O que lle garante a Constitución é a potestade do goberno de decretar estado de alarma, e iso fixo.

Imeneo disse...

A estas alturas xa hai que coller o dicionario. Segundo a RAE, calamidade signficia "Desgraza ou infortunio que alcanza a moitas persoas". Se me dis que o paro é un unha desgraza e un infortunio, vale, acepto, pero que non poidas subir a un avión non é ningunha desgraza nin ningún infortunio.