A cidade de Santiago estase acicalando para esta ocasión tan “especial”. Onde antes había unha fochanca agora xa non hai, onde antes había un adoquín mal asentado, agora está perfectamente instalado; onde antes había unha baranda oxidada, agora reloce como se fora ouro. Non hai mal que por ben non veña...
E dentro destes arranxos e preparación da cidade da para tan “insigne visita” tamén inclúe a instalación dalgunha estatua para recordar a visita do Bieito XVI, como a que se pode ver na imaxe.
Mais alguén pesou que esta foto era irreverente, e foi fulminada do blog no que residía inicialmente, o que ten Nacho Mirás en La Voz de Galicia. Á persoa que censurou a foto poderá considerala pouco procedente, pero só é unha estatua. Desde logo se se tratara de execucións por aforcamento en algún país árabe, non terían o mesmo recato, tratándose ademais de persoas.
Alén disto, veño de oír na Radio Galega que os hostaleiros de Santiago de Compostela aínda lles falta un 20 ou 30% para colgar colgar o cartel de cheo. O tirón económico que se lle atribuía inicialmente ao Papa queda así en entredito.
Txema, gracias pola foto.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


1 Comentarios:
Eu vino onte nalgún telediario, que sorte vai ter Santiago!!! limpa e brillante e por riba bendicida.
Podían traelo por Ourense, igual axudaba para que recolleran o lixo, a bendición non a necesitamos, os ourensáns que a necesita seguro que están en Santiago.
Bicos
Enviar um comentário