Reflexións galegas e en galego

28/11/10

Reformas

O dicionario da RAG di que reformar é “facer algún cambio en algo e deixalo distinto de como era, darlle unha nova forma para melloralo”. Por se había algunha dúbida do dicionario da RAE di que reforma é “modificar algo, polo xeral coa intención de melloralo”.

Daquela está claro, cano se fala de “reformas”, un entende que é para mellorar... o que sexa. Sen embargo, estamos a ver que non é así. De tal xeito, que cando a UE ou os 37 xinetes do apocalipse piden reformas urxentes, está claro que non é para mellorar nada, senón todo o contrario, para liquidar o pouco que queda do estado do benestar.

E por certo, que inxenuidade a a miña, que pensaba que quen realmente tiña o poder nun estado democrático era o pobo; pois que equivocado estaban quen manda realmente son os 37 xinetes do apocalipse, sentados en estrito orde por volume de facturación, que lle indican ao goberno do PSOE o rumbo da política económica, que en definitiva é a que máis lle convén a ele. Impresionante!

2 Comentarios:

Costadamorte disse...

Xa sabes que opino que isto non é mais que outra secuencia dun golpe de estado económico que esta a executar a plutocracia, pero cun programa político, non soio económico...
1º Entrega ao Rei do manifesto por Eduardo Serra..., (será para que o Rei pense que pinta algo e que si se porta ben non o van derrocar)...
2º O Rei da o recado as autoridades, (boas ou malas), democráticas...
3º O Goberno fai acuse de recibo, (a visita de Elena Salgado ao Rei)...
4º Iste acto...
5º Demisión de Zapatero?...
O mesmo que o golpe de Primo de Rivera, e si me apuras, que os previos ao 23F..., (troca xenerais por grandes empresarios)...

Anónimo disse...

totalmente de acordo: un golpe de estado en toda regla!