A primeira: 7.779 galegos e galegas anotáronse no paro durante o mes de outubro, e xa suman 223.894 persoas que non teñen traballo.
A segunda: cae a matriculación de vehículos, un 50,77% a respecto de 2009.
A terceira: Rusia deixará de comprar débeda soberana española e irlandesa para minimizar riscos, o que podería ter un efecto contaxio.
Está claro que a cousa non pinta nada ben, sen embargo o goberno central está optimista, ve datos positivos e augura un cambio de tendencia.
Non desesperedes, o sábado ven o Papa que cunhas bendicións aquí e acolá xa o arranxa todo.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

1 Comentarios:
A partir do sábado, todos felices, pero con 3 millóns menos que case arranxaban a vida dos parados galegos, non si?
Enviar um comentário