Reflexións galegas e en galego

13/11/10

Carta aberta a R e Caixa Nova

A R

Acabo de enterarme que R, a única empresa galega de telecomunicacións xa non é maioritariamente galega, como o era ata agora, e que foi o motivo principal polo que me fixen cliente de R.

Estou francamente desolado e enfadado pola decisión que tomou Caixa Nova, de quen non son cliente, precisamente, por cousas coma esta.

De momento teño contrato de permanencia con R por determinados servizos adquiridos, pero podo asegurarvos de que en canto expiren estas obrigas contractuais deixarei de ser cliente de R.

Pensei, -inxenuo-, que R era diferente, que era galega, pero trabuqueime, é como todas as grandes empresas, só miran o peto dos seus accionistas no canto dos intereses de todos os galegos e galegas, e de Galiza.

Un saúdo.

Nota: Se estás cabreado coma min envíalles unha mensaxe.

A Caixa nova

Non son cliente de Caixa Nova, e moito teredes que cambiar para que eu abra unha conta en calquera das vosas sucursais.

Decisións como as tomadas onte, nas que R deixa de ser unha empresa galega desmotiva a calquera galego ou galega que lle queira a Galiza para facerse cliente dunha caixa que vive de costas -e a costa- do País.

Defendín e defendo a fusión das caixas galegas, agardando que esta sexa para beneficio de todos os galegos e galegas. Mais teño o presentemento de que todo seguirá sendo igual que até agora logo da fusión. Con todo, non deixarei de loitar para haxa outra forma de gobernar pensando no País, incluso dentro da nova caixa.

Con decisións como a tomada onte por Caixa Nova, vendendo R a unha empresa que só mira o corto prazo, pensando nos seus dividendos, seguirei sen ser cliente de Caixa Nova e da nova Caixa saída da fusión. Por certo, si son cliente de R, e un dos motivos polo que mudei todos os meus teléfonos a esta empresa, foi por ser 100% galega.

Caixas e bancos hai a montóns onde elixir, vostedes deciden se queren ser do montón ou ser galegos.

Un saúdo.

Se estás cabrado coma min, enviálles unha mensaxe.

4 Comentarios:

Anónimo disse...

Pois nada,que non me aceta o de , " ENVIAR " , boeno,mañá tentareiono outra vez, a verdade,é vergoñento, e seguen a rirse de nós,mal raio os parta

txema

Dilaida disse...

Tamén te deches de baixa de Fenosa? e se Caixa Nova no che serve, que caixa ou banco "galego" utilizas?. Se te das de baixa de R, que empresa "galega" vas utilizar?.
Bicos

Imeneo disse...

E que empresa galega utilizarás ti? porque 100% galega xa non queda nada: Fenosa xa non existe; as caixas, coa nova LORCA aprobada por PSOE e PP, pronto deixarán de selo, e empresas de telecomunicacións só había R, e voou.

Dilaida disse...

Pois a iso me refería eu, non che vale a pena que vetes a R, hai que tomar o que hai e senón mira a cantidade de bancos que hai en Galicia, e que nin invisten en Galiza, nin son galegos e controlan un montón de cartos galegos e aquilo de que as Caixas tiñan que ser galegas soa a utopía e senón me cres, pregúntalle a "La Caixa".E tanto lio, para que? ao final para mandar a un montón de galegos ao paro (traballadores de ambas caixas)e refírome aos TRABALLADORES, non os que mandan que a pesar da idade seguen mandando.
Bicos