Diredes Zamora, e non andariades moi errados se faláramos dun concello de España, pero estou a referirme a un concello galego, e non ao que está situado na provincia de Zamora.
O BNG de Touro ven de denunciar publicamente que o concello de Touro, gobernado polo Partido Popular, traduce sen o máis mínimo pudor o nome do seu concello, reflectindo “Toro” na súa páxina web, amosando o desprezo máis absoluto, non só pola lingua galega, senón polo propio concello. Polo que se ve Concelleiro de Cultura, Roberto Varela, e o propio Feijoo, teñen alumnos avantaxados.
Amosémoslle a nosa queixa a través do formulario de contacto da web do Concello.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora


2 Comentarios:
Mira que me jode dicir isto, pero neste caso parece máis ben unha tradución automática ao español partindo do galego. Olla que onde fala da estrada traduce o "a" preposición a "la" artigo en español.
Neste caso máis que dunha falta de respecto ao país como a de Roberto Varela parece un caso de desidia e chapuza dos que nos ten acostumados o PP.
Si, pode ser unha tradución automática, pero iso non é escusa. A web, que a saber canto lles custou, está pagada con cartos públicos, e os rexedores do concello deben cumprir coa legalidade vixente.
Tamén aparece "Villa de Cruces".
É unha soberana chapuza popular, e un desprezo absoluto cara o noso idioma.
Enviar um comentário