Reflexións galegas e en galego

07/10/10

Que partidos?

Di El País que "Os partidos coinciden en alargar o período de cálculo da pensión". Non di que partidos, suponse que o PSOE é un deles, e o PP aplaudirá entusiasmado, aínda a súa estratexia lles faga posicionarse de xeito distinto. O que si está claro é que o xornal "progre" está totalmente de acordo coa medida de elevar os anos de cotización para ter dereito as pensións, que inevitabelmente serán, aínda, máis baixas. O xornal mete a todos no mesmo saco, independentemente do posicionamento de cada quen, demostrándolle, falsamente, a toda a cidadanía que todos están de acordo, cando iso é falso.

0 Comentarios: