O pasado mércores a folga xeral paralizou toda Galiza. As mobilizacións que houbo estiveron lideradas polo nacionalismo galego: a CIG e o BNG. Ante este éxito maiúsculo do nacionalismo, os poderes fácticos reaccionan atacando ao BNG, que é a expresión política desa acción.
Acción reacción: o venres, La Voz de Galicia, sacou un artigo onde daba conta da baixa do BNG dun militante de base. Tremenda noticia, como se non houbera cousas máis importantes das que falar. Hoxe o mesmo xornal segue coa súa teima dun BNG en crise.
Se o BNG estivera en crise non sería que de mobilizar a milleiros de persoas o pasado mércores, é máis, unha organización en crise déixase levar pola corrente, e o BNG reaccionou en contra da reforma laboral do PSOE e aplaudida polo PP; se o nacionalismo estivera en crise non sería quen de enfrontarse a todos cantos quería levarse as caixas galegas; se o nacionalismo estivera en crise non sería quen de mobilizar a milleiros de galegos e galegas a prol do noso idioma.
En definitiva, que o nacionalismo galego está actuante na sociedade e iso molesta. Pois bendita crise!
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

0 Comentarios:
Enviar um comentário