Reflexións galegas e en galego

04/10/10

Á dereita está El País

Noticia de El País: "Dos etarras confiesan que entrenaron en Venezuela en 2008".

Que linces "ibéricos" que son os deste xornal. Seguro que, sen investigar moito tamén atopan a máis dun etarra que confesa que adestrou en territorio español, que adestrou na España de González, ou na España de Zapatero...(falo desde a óptica madrileño-centralista), e mesmo se me apurades na Francia de Sarkozy.

A teima de El País con Chávez só é comparábel á que teñen moitos benególogos e La Voz de Galicia co BNG, situándose todos eles moi á dereita do que a priori se lles suporía.

0 Comentarios: