Reflexións galegas e en galego

20/10/10

30.000 sinaturas en defensa do galego

A Plataforma Queremos Galego ven de presentar no Parlamento Galego 30.000 sinaturas na defensa da nosa lingua, unha iniciativa que vai ser tramitada como unha iniciativa parlamentar do BNG, logo de que o a Mesa do Parlamento, cos votos do PP e do PSOE, rexeitara que se presentara como unha Iniciativa Lexislativa Popular.

Como explicou Carlos Callón na rolda de prensa posterior á presentación das 30.000 sinatura, esta iniciativa popular pide a aplicación dos consensos existentes até o de agora en materia lingüística, como o Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade en 1983 ou o Plan xeral de Normalización Lingüística, aprobado tamén por unanimidade en 2004.

0 Comentarios: