Fiquei sorprendido hoxe pola mañá cando os tertulianos da Radio Galega, aceptaban como unha praga bíblica que nun momento dado -máis pronto que tarde-, teremos que pagar por usar as autovías, que agora son de balde. Das súas palabras non saíu nin unha soa crítica, aceptando a directriz da Unión Europea como se foran os mandamentos escritos en pedra.
De chegar a medida, que chegará, xa que en Portugal entra en vigor este mes, terá graves consecuencias para economía de moitos galegos, nomeadamente do sector do transporte, que verán incrementados os seus custes, que tarde ou cendo repercutirán en todos nós.
Mais a miña sospeita é que tarde ou cedo, esta peaxe que teremos que pagar, derivará nunha privatización da infraestrutura, como as autoestradas, en mans americanas, o que repercutirá negativamente na calidade do servizo e sobre todo no estado das infraestruturas, cuxo exemplo máis preto témolo na AP-9, a autoestrada A Coruña-Vigo.
Política e solucións colectivas
-
[ PAZ ABRAIRA SOBRADO ] Nunha cidade como Lugo vemos como cada día son máis
os que remexen nos colectores de lixo, os que pasan o día nos bancos dos
parque...
Há 1 hora

0 Comentarios:
Enviar um comentário