Reflexións galegas e en galego

30/09/10

De que se rin?

Non sei de que se rin estas mozas ao paso dos piquetes ou dos manifestantes das múltiples manifestacións que houbo onte durante a folga xeral. Pola súa indumentaria dedúcese que traballan para a multinacional, Starbucks, que non terá o máis mínimo repara en botalas á rúa en canto baixen os seus beneficios, e que está entusiasmada coa reforma laboral aprobada polo PSOE. Vendo a foto, calquera diría que están contentas co seu traballo lixo.

1 Comentarios:

Anónimo disse...

Eu penso que rinse de si mesmas, craro que o vidro que teñen diante súa, non lles deixa ollar a realidade, mágoa

txema