Reflexións galegas e en galego

27/08/10

Rosalía sempre viva!

A Deputación de A Coruña e a Fundación Manuel María puxeron en marcha unha exposición itinerante sobre Rosalía de Castro, baixo o título "Rosalía sempre viva!". A exposición percorerá os concellos de Fisterra, Melide, Arteixo, A Coruña, entre outros.

Neste ano, que se cumpren os 125 anos da morte da nosa poeta nacional, é de agradecer que a área de Igualdade da Deputación da Coruña, dirixida polos nacionalistas do BNG, se implicara no proxecto de divulgar a obra desta nosa escritora universal. Malia todo, criticar o pasotismo do Goberno Galego da Xunta de Galiza, que unha vez máis, inhíbese na defensa e promoción dun dos nosos valores culturais máis importantes como é Rosalía de Castro.

1 Comentarios:

Dilaida disse...

O goberno da Xunta só utiliza o nome de Rosaía, Castelao..., con fíns electorais e hoxe non hai eleccións, estamos de vacacións, mentres está a arder parte do noso país.
Bicos