Reflexións galegas e en galego

26/08/10

Os medios manipulan outra vez o discurso do BNG

Non é a primeira nin será a última vez que pase que os medios de comunicación galegos manipulen calquera cousa que faga ou deixe de facer o BNG. Segundo os medios de comunicación o BNG abstívose na Comisión de Traballo do Senado na votación da Reforma Laboral, cousa imposíbel, xa que o BNG non ten representación nesa Comisión.

A cousa non só é grave, é gravísima, xa que o BNG ten explicitado en múltiples ocasións o seus posicionamento en contra de calquera reforma laboral que vulnere e rebaixe os dereitos dos traballadores e traballadoras. E non só iso, senón que o BNG presentou unha emenda á totalidade da lei que se tramita nas cortes do Estado.

Só desde o odio que lle teñen a unha forza nacionalista e de esquerdas como o BNG se explica unha manipulación tan vil, o que demostra que o poder non tolera que ninguén discrepe do discurso dominante.

2 Comentarios:

Dilaida disse...

Completamente de acordo co que dis, pero, hai un PERO..., tampouco se pode durmir a sesta todos os días e saír de cando en vez para que che vexan a cara. Xa sei que todo o mundo ten dereito as vacacións, pero se non se pode, non se pode.
Dicía a miña avoa "Na terra dos lobos hai que ouvear coma eles" e o BNG deixou de ouvear hai tempo.
Todo isto estacho a contar unha votante que cada día está máis disilusionada porque ten claro que non vai cambiar o voto, pero pregúntase se merecerá a pena.
Bicos

Imeneo disse...

No tema da reforma laboral o BNG non se escondeu, e saíu sempre que tivo ocasión, outra cousa é que te saquen.

Non hai máis que ver a páxina do BNG para ver que isto é así:

Reforma laboral 1

Reforma laboral 2