Canarias foi a primeira que prohibiu os espectáculos onde se torturaban e matan animais, entre eles as touradas, e nada pasou. A continuación chegou Catalunya, prohibiu tamén as touradas, e armouse o belén, porque boa parte do PP e do PSOE ven un atentando contra a cultura españolista, e sobre todo porque se trata de Catalunya, cuxa confrontación lles resulta rendíbel noutras latitudes do Estado Español.
Se as touradas son un espectáculo cruel e sanguinario, tamén o son as pelexas de cans, e estas están prohibidas. Daquela, por que non se prohiben? Para min a resposta é moi sinxela, o Estado Español, España, no actual contexto globalizado, no que cedeu boa parte das súas competencias exclusivas máis importantes para poderen pertencer ás estruturas supranacionais (UE), perdeu parte da súa identidade e dos seus símbolos, por iso se resiste a perder as touradas, universalmente recoñecidas como inequivocamente españolas. Por iso Rajoy, Mayor Oreja, Pepiño Blanco (pobre colonizado) e mesmo Gaspar Llamazares de Izquierda Unida, están de acordo en preservar a tortura e morte do touro de lidia, apelando á liberdade individual como único argumento para manter unha “festa” especialmente repulsiva e sanguiñenta.

13 Comentarios:
Totalmente de acordo con todo o que dís.
Análise correcta, Imeneo. Se gostas, a minha aqui:
http://aconjuradosnescios.blogspot.com/2010/07/torturar-pola-unidade.html
Pois debías falar co alcalde de Pontevedra, do teu partido, para que non subvencione as corridas de touros, non che parece?
O Concello de Pontevedra non subvenciona tourada algunha, iso é cousa da Deputación, do Sr. Louzán. Infórmate antes de emitir unha opinión, non che parece?
Eu vin hai uns poucos días un cartel toureiro, na máis rancia tradición estética españoleira, que puña: Patrocina Excmo. Ayuntamiento de Pontevedra. E ese é un dato incuestionábel, non che parece?
Ah, tamén me gustaría saber a túa opinión sobre a Festa do Boi de Allariz, cuxo alcalde tamén é do teu partido. Hai que ter lástima deste boi alicano ou hai que facer unha excepción?
A ver , Hermida , vouche dar ista dirección, e comprobarás , que o Concello de Pontevedra como tal, NON COLABORA coas Corridas de toros de Pontevedra, pero se queres nesta Dirección : Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra
A única institución que apoia á corrida do día 8 deste mes de Agosto é , a Deputación de Pontevedra e varios estabelecementos Cafeterías, Restaurantes, Comercios, etc,etc,pero insisto, o Concello de Pontevedra xa vai uns anos que "non pon nen chico pra corrida de touros", polo tanto, deixa de amolar, e respecto ao Boi de Allariz?, pois que queres que che diga, eu estiven varias veces, e que eu saiba, nen lle poñen "banderiñas", "nen lle prenden lume cun aparello enriba dos cornos" , e pra rematar, non o matan coa "espada" ou como carrallo lle chamen , en tronques, mira a programación de Festas do Concello de Pontevedra
boa noite
marusía
Eu póñoche directamente a ligazón co cartel de Toros Peregrina 2010, onde pon claramente isto: Patrocina Excmo. Ayuntamiento de Pontevedra:
http://www.visit-pontevedra.com/esp/25/168/toros+peregrina+2010.html
Apostamos algo a que Imeneo non se atreve a poñelo?
Ai, rapaces, esa coherencia vosa brila pola súa ausencia.
Tamén é indiscutíbel que na web oficial (http://www.pontevedra.eu/festas/festas.php), despois da saúda do alcalde da UPG, vén o programa íntegro dos festexos, incluídos todos os pormenores das corridas de touros, con datos completos dos toureiros en plan revista Hola. Iso si, en perfecto galego.
Por poñer uns exemplos:
Manuel Díaz González:
Toureiro madrileño coñecido como Manuel Díaz "El Cordobés", fillo natural do mítico toureiro Manuel Benítez "El Cordobés". Debuta no mundo dos touros vestíndose de luces por vez primeira o 15 de agosto de 1983 en Abenójar.
Recibe a alternativa en Sevilla, o 11 de abril de 1993,o seu padriño é Curro Romero e o testemuña Espartaco, co touro:"Quitasuerte" de Torrestrella. Vestía verde botella e ouro.
A confirma en Las Ventas o 20 de maio de 1993, como padriño Armillita Chico e de testemuña Fernando Lozano, co touro:"Fusilillo" de Baltasar Ibán, que brindou a sua nai Mª José González. Esa tarde resultou ferido grave.
Francisco Rivera Ordóñez:
Toureiro madrileño, ex duque consorte de Montoro. Coñeceselle de forma habitual como Fran Rivera. Foi premiado coa Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes. Francisco é o primeiro fillo do matrimonio formado polo famoso toureiro do mesmo nome, Francisco Rivera "Paquirri" e Carmina Ordóñez, fija do tamén famoso toureiro Antonio Ordóñez.
O seu debut foi en "Las Ventas", o 25 de abril de 1994, como compañeiros tivo nesa ocasión a Rodolfo Núñez e Víctor Puerto, sendo os novillos da gandería Torrestrella.
Francisco Rivera Ordóñez, depurou a súa técnica co paso dos anos e mostrase coma un toureiro completo en todolos tercios da lidia, sendo reclamado para formar cartel de maneira indispensabel en moitas deas ferias taurinas de España e América.
En fin, tendo en conta todo isto, hai alguén que crea que o noso alcalde Lores e a súa equipa de goberno nacionalista do BNG estarían de acordo co post de Imeneo?
Dito en prata, antes de botar a lingua a pacer poñendo a parir aos demais grupos políticos, hai que facer limpeza na propia casa sob pena de facer o rídiculo.
Credibilidade cero, meus, credibilidade cero. Isto é o que hai!
O CONCELLO DE PONTEVEDRA NON SUBVENCIONA AS TOURADAS, DEMOSTRA O QUE DIS CON PROBAS E DOCUMENTOS, SENÓN CALA A BOCA!!
APARECE NOS PROGRAMA DAS FESTAS, SI, É QUE? TAMÉN APARECEN AS MISAS.
Hermida, MINTES A SABENDAS! O TEU OBXECTIVO SÓ É PROVOCAR.
Foder de dios có Hermida, os tontos somos os demáis, mira , como dicía a canción , "a culpa éche nosa , non é de ninguén", eu xa paso de tí, honestamente, mais por certo, tí (supostamente) apelidaste "Hermida" e de seguro que non és crente (supostamente), ¿ me comprendes ? , e insisto, O CONCELLO DE PON-TE-VE-DRA.....!! NON SUBENCIONA AS TOURADAS DE PONTEVEDRA !!, entronques !! SÍ A DE-PU-TA-CIÓN DE PONTEVEDRA !! concretamente O SR. LOU-ZÁN e os Copmercios "GUÁIS e outros Locáis , Chachi Piruli da Jet-Set de Puente vedra, boa tarde
marusía
O concello de pontevedra non subvenciona as corridas de touros só cede un edificio público para realizar o evento. por outra parte o do programa límitase a recoller todos os eventos que hai durante as festas de pontevedra, organízeos ou nou o concello.
Por que son contrario as touradas:
A miña posición vai non polo tema animalista, (non son animalista intransixente, como carne, estou a favor dos experimentos con animais e ate non son contrario a industria peleteira)...
Tampouco vai polo tema dentitario, (ainda que podería,... que ten coña que se autoricen e subvencionen as touradas e nembargantes estén prohibidas as corridas do galo e as chegas de
bois)...
Para min o argumento definitivo é de tipo moral, coido que é inmoral e incluso patolóxico que o público disfrute e se regodee vendo unha salvaxada...
Para explicalo doutro xeito, eu o comparo coa pena de morte. É discutible, (ainda que eu o teño claro), si debe existir ou
non a pena de morte, o que ninguén medianamente civilizado pode discutir é que non se pode facer un espectáculo público da execución dunha pena de morte...
Pois ben, ate fai uns cen anos ou pouco mais, en moitos sitios civilizados as execucións eran públicas no medio das prazas e
coa xente mirando, (nenos incluidos, que iso se consideraba bo polo efecto educador
e exemplificante)...
Os moi liberais revolucionarios fronceses guillotinaban no medio da praza a reises, nobles e contrarrevolucionarios
diante do aplauso do público...
E os moi demócratas revolucionarios americanos
aforcaban en público aos delincuentes, (O soldado de Hesse), ou lembrade canta
película de vaqueiros queirades...
Hoxe está claro que, ainda para quenes defenden a pena de morte, isas accións son aberrantes e quenes disfrutan co espectáculo soio poden ser considerados seres con algunha patoloxía social...
Pois cos touros e calquer outro animal pasa o mesmo, ou polo menos, algo semellante, si hai que matalos, pois se matan, pero
nun matadeiro e para algún fin utilitario, (comelos, aproveitar a pel ou mesmo para control de poboacións).
Para min, o problema principal non reside no sufrimento animal, que tamén, o problema de verdade é o pracer do executor ou do espectador, isa é a aberración, quen disfruta torturando ou matando animais, ou vendoos torturar e matar non é que exerza a súa liberdade, é que é un ser
anormal e cunha conducto patolóxica, (un sádico e posiblemante un asasino en
potencia)...
E o mesmo concepto que aos touros pódese aplicar a actividades como a caza ou a pesca deportiva...
Outra cousa é o profesional do asunto, o pescador, o matarife ou mesmo o veterinario, que non busca arte nin emoción nin disfrute
co seu traballo, se non que mata nun matadeiro, pesca comercialmente ou experimenta nun laboratorio por unha remuneración e plantexandose a súa actividade como algo necesario como o que despeza motores, recicla lixo ou tala árboles, é un elemento mais da cadea productiva...
E claro que se poden prohibir, se pode prohibir toda actividade que coarte a liberdade allea e sexa en si nociva para a sociedade dun xeito maioritario e colectivamente asumido...
Non se pode prohibir unha academia onde se ensine a delinquir?...
Non se poden prohibir espectáculos inhumanos ou degradantes?...
Un liberal non podería prohibir apostas a ruleta rusa como as escenas da película "El Cazador"?...
Un liberal non pode prohibir os "duelos" a morte ou a primeira sangue?...
Non é menos liberal quen prohibe as touradas que quen prohibe dende a súa responsabilidade todas isas actividades prohibidas
e incluidas nos códigos penais de todos os estados de dereito por gobernos mais ou menos liberais...
O Concello de Pontevedra non colabora coas touradas de xeito ningún.
Onte a concelleira de festas, Anxos Riveiro, recibiu dous representantes das entidades que organizaron a manifestación do pasado sábado e o que se dixeron semella ben recollido na edición local do Faro
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2010/08/05/gobierno-local-valorara-retirada-toros-programa-fiestas/461637.html
Enviar um comentário